Ana Pontón anima á veciñanza do Porto do Son a mudar o concello cun alcalde nacionalista á fronte

Ana Pontón
Ana Pontón

Destaca o traballo político do BNG  durante anos para construír unha Galiza con máis futuro  e confía nun cambio político no Porto do Son que fará posible o proxecto do cabeza de lista, Balbino González

Ana Pontón anima á veciñanza do Porto do Son a mudar o concello cun alcalde nacionalista á fronte

A portavoz nacional, Ana Pontón, afirmou hoxe, no acto de presentación do cabeza de lista  do BNG ás eleccións municipais en Porto do Son, “que é necesario dar un cambio de rumbo político para facer posible o proxecto do candidato nacionalista, Balbino González” e mostrouse convencida que nas vindeiras eleccións os veciños e veciñas do Porto do Son apoiarán ese cambio. 

Para Ana Pontón,   Balbino González reúne todos os requisitos necesarios para dirixir o concello porque é “unha persoa con experiencia, con  capacidade e implicado socialmente, ademais de coñecer moi ben o funcionamento do porto do Son pola súa vinculación profesional”

A líder nacionalista asegurou que o cabeza de lista do BNG conta coa enerxía necesaria e o proxecto de cambio que precisa este concello. “O Son necesita saír xa de esa especie de parálise no  que se atopa dende os  últimos anos e necesita transformase”, por iso, confiamos en Balbino González precisamente para cambiar o rumbo e iniciar a mellora no urbanismo, na calidade dos servizos públicos. Todos e todas sabedes, dixo, a portavoz nacionalista que estas son propostas fundamentais para o BNG, propostas   nas que levamos tempo traballando e seguiremos na mesma liña nestas eleccións. No BNG, somos “xente competente, persoas nas que se pode confiar, persoas honradas porque o que nos move é construír unha Galiza mellor e con futuro  dende os concellos.”

Presentación Porto do SonEstou convencida, remarcou Pontón, que en Porto do Son vai ser un deses lugares onde a partir das próximas eleccións o BNG vai ter capacidade para converter en realidade o proxecto que o Porto do Son necesita.

A portavoz do BNG lembrou que os concellos gobernados polo BNG teñen como principal característica unha política  destinada aos  veciños e veciñas, unha política para  mellorar as condicións de vida dos seus habitantes. O BNG ten “os pes e o corazón” en Galiza, recalcou, e si queremos transformar Galiza debemos comezar polos concellos como primeiro chanzo. “Queremos concellos dinámicos e que o concello se converta nesa  referencia como  lugar habitable, cómodo, con servizos para os máis novos pero tamén para os maiores. Queremos concellos sostibles nos que os veciños e veciñas sempre ocupen un lugar prioritario fronte ao cemento ou a especulación. Concellos para vivir e sobre todo, persoas como Balbino González que gobernen pensando nas necesidades dos veciños e veciñas e isto  vai a acontecer si confiades en Balbino, un home que leva demostrado durante anos a súa grande implicación con todos e todas vós”. 

O  acto de presentación do cabeza de lista  do BNG ás eleccións  municipais no Porto do Son, Balbino González, contou coa asistencia do alcalde  de Mazaricos, Xoán Xosé Blanco e Rianxo, Adolfo Muíños que ao igual que a portavoz nacional, Ana Pontón, animaron aos veciños e veciñas  a mudar o rumbo político e iniciar os cambios que tanto precisa  Porto do Son.