XERAIS 2019 (10N)

Ana Pontón anima a todos os galegos e galegas a pensar no mellor para Galiza e participar para facelo posible

Xornada reflexión
Xornada reflexión
Lembra que a conquista do voto “non foi ningún agasallo”, houbo que loitar para conseguilo e mañá temos a oportunidade de exercelo para construír un “futuro mellor para este país”
Ana Pontón anima a todos os galegos e galegas a pensar no mellor para Galiza e participar para facelo posible

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón aproveitou a xornada de reflexión para compartir un vermú acompañada do candidato ao Congreso por A Coruña, Néstor Rego, a candidata ao Senado, Tereixa Paz, a portavoz municipal no concellos de Santiago, Goretti Sanmartín, membros da Executiva nacional do BNG e militantes.

Tras agradecer o traballo realizado pola militancia, simpatizantes e persoas que traballaron e colaboraron durante a campaña do 10N ao longo das distintas, cidades, vilas e aldeas galegas, a portavoz nacional do BNG insistiu na necesidade de “pensar no mellor para Galiza” e animou a todos os galegos e galegas a facelo posible mañá. É moi importante, dixo, que maña sexa un día de grande participación porque a “conquista do voto, non foi ningún agasallo”, tivemos que pelexalo e por iso, temos a oportunidade de exercer este dereito para construír “un futuro mellor para este país”:

Pontón afirmou que “foi un luxo”, percorrer todo o país e atopar a persoas que, sen ter o carné do BNG empuxaron para que a campaña fora todo un éxito. Quero, reiterou a portavoz nacional do BNG, “dar as grazas de todo corazón” a todas e cada unha desas persoas por facer posible esta campaña electoral.

É fundamental que mañá, “ toda a cidadanía galega exprese a súa opinión” para poder construír “un futuro mellor para este país”, concluíu.