Ana Pontón anima a Galiza Nova a sumar máis mocidade ao BNG e a ser o motor do cambio que precisa o país

Ana Pontón e secretari@s xerais de Galiza Nova
Ana Pontón e secretari@s xerais de Galiza Nova

Lembra a súa experiencia nas mocidades do Bloque e pide á xuventude que non renuncia ao seus soños: “Todo é imposible até que se fai”

A portavoz nacional, Ana Pontón, animou aos mozos e mozas de Galiza Nova a sumar máis mocidade ao nacionalismo e a ser o motor do cambio que precisa este país, cambio que só será posible a través de forzas políticas que teñan a cabeza e o corazón aquí, e sen máis  obediencia que ao pobo galego.

“Anímovos a ser o motor dun novo tempo político para Galiza que o BNG quere liderar,  un tempo novo que nos permita conquistar dereitos, avanzar cara unha Galiza  dona do seu futuro, con igualdade, con emprego digno, unha Galiza feminista e sen emigración”, instou Pontón. “É posíbel facelo”, recalcou, durante a súa intervención no acto de homenaxe a Rosalía e Castelao que as xuventudes do Bloque realizan desde fai trinta anos en véspera do Día da Patria.

Homenaxe a Rosalía de Castelao 28Pontón apelou “ao compromiso e inconformismo” que está na orixe de Galiza Nova para sumar a máis xente moza ao proxecto nacionalista, “precisamente desde esa rebeldía que significa dicir que somos galegos e galegas” e desde a confianza nas propias forzas.

“Estamos nun momento para ser optimista, para sumar máis mocidade  por  Galiza e sermos o catalizador do cambio que necesita este país. Un cambio que non vai vir das forzas estatais, nin das vellas, nin das novas, nin da esquerda nin da dereita, que demostran que non teñen un proxecto de futuro para Galiza, que non teñen nada que ofrecerlle a xente nova deste país”, argumentou a líder do Bloque.

Homenaxe a Rosalía de Castelao 32A portavoz nacioanl salientou que Galiza Nova “é o resultado da vontade de miles e miles de mozas e mozos de xeracións diferentes pero unid@s por unha idea común:  Somos unha nación e temos dereito á autodeterminación, e temos que seguir tendendo pontes para unir a toda xente nova que comparte o amor por Galiza e as ansias de cambiar todo o que non nos gusta”, proclamou.

Para conseguilo, “o reto máis importante que temos por diante é sumar e sumar máis mocidade o nacionalismo”, reiterou, ao tempo que convidou á xente de Galiza Nova a non renunciar a ningunha das súas ideas, “pero coa pedagoxía necesaria para avanzar”.

Alberte FernándezPontón compartiu coas xuventudes do Bloque as lembranzas dos seus anos de activismo en Galiza Nova, con mención especial ás vivencias na Asemblea de Mulleres, de Nunca Máis, do movemento Nón á guerra, ou da celebración do Festigal e fixo un recoñecemento a todos e todas as secretarias xerais de GN, con especial mención a Rubén Cela, con quen compartiu responsabilidades na dirección das mocidades nacionalistas.

Homenaxe a Rosalía de Castelao 14“Sei que vos toca vivir unha época complexa, chea de inestabilidade e confusión. Pero hoxe igual que onte, o importante é ter principios sólidos e ideas claras. E aínda que ás veces é custoso nadar contracorrente,  merece a pena facelo. Non hai nada máis ilusionante que defender as ideas nas que unha cree”, animou Pontón, quen concluíu cun consello á xente moza: “Que ninguén vos diga que calquera tempo pasado foi  mellor, minte. E lembrade que todo é imposible até que se fai”

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG