Ana Pontón e Ana Miranda reúnense no Parlamento Galego cunha delegación da ALE

Visita ALE Parlamento
Visita ALE Parlamento
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, pide unha reunión urxente co comisario de pesca

Ana Pontón e Ana Miranda mantiveron unha reunión cunha nutrida delegación da Alianza Libre Europea (ALE), da que forma parte o BNG na Eurocámara, de tal xeito que o Grupo VERDES/ALE é o cuarto máis numeroso do Parlamento europeo e conta con 74 deputados e deputadas, incluída a nacionalista Ana Miranda, que ven de tomar posesión do escano coa solicitude dunha reunión urxente co comisario de Pesca.

Pero a exclusión da frota galega de 87 zonas de pesca non é a única decisión que Bruxelas está adoptando en contra da maioría social. De feito, tras o rescate multimillonario da banca, “vemos como Executivo comunitario ten unha postura morna coas eléctricas e as petroleiras, que se están forrando coa crise de prezos, especulando cun ben básico como a enerxía, a costa das persoas que viven do seu salario, vemos como arrastra os pés en lugar de tomar decisións contundentes e a súa gran medida é poñer un imposto só no caso de que os beneficios do lobby enerxético superen o 20% do que ganaron o ano pasado. Os salarios non soben un 20%, senón que a maioría social é cada día máis pobre pola inflación, pero as grandes enerxéticas se lles permite obter beneficios millonarios”, argumentou.

A líder do Bloque tamén reprocha a falta de compromiso da UE para conseguir acabar coa guerra en Ucraína, limitándose a adoptar sancións de escaso percorrido pero que lle están saíndo moi caras á cidadanía.

Visita ALE Parlamento
Visita ALE Parlamento

“Desde o BNG defendemos e traballamos por outra Europa, a Europa dos pobos, da solidariedade e da xustiza social, da paz e do benestar social, que poña no centro ás persoas e non ao poder económico da gran banca, das grandes multinacionais. Desde o BNG, a través da nosa eurodeputada Ana Miranda, traballamos a favor de Galiza e dos nosos sectores produtivos, da maioría social. “A nosa presenza en Bruxelas é máis necesaria ca nunca para defender Galiza e tamén as maiorías sociais”, concluíu.

Miranda agradeceu a visita da delegación da ALE, encabezada polo presidente do grupo na Eurocámara, Jordi Solé,  avogou tamén por unha Europa dos pobos e destacou o seu compromiso na defensa do País, a favor do sector da pesca e da agricultura, da preservación ambiental, do reparto equitativo dos fondos europeos e en defensa da xente do común.  

Pola súa parte, Solé destacou o papel de Miranda en Bruxelas a favor de Galiza e o “reforzo” que o BNG aporta á Alianza Libre Europea, “un partido que é a voz de Galiza en Europa, con experiencia de goberno e que aspira a liderar o País. A organización da ALE está a disposición do BNG para conseguir ese obxectivo, pois compartimos o desexo de que Galiza conte cunha presidenta nacionalista e progresista”.

Miranda e Solé destacaron a “diversidade” que defende o ALE, sabendo que un momento complexo en Europa polo que é imporante reforzar o peso das forzas políticas que defende unha Europa dos pobos.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG