Galegas 2020

Ana Pontón amosa o seu compromiso para construír unha Galiza na que as mulleres camiñen sen medo, en liberdade e sen violencias machistas

Concentración en Sarria
Concentración en Sarria
Traslada o poio e solidariedade do BNG á vítima, que a semana pasada sufriu unha agresión machista en Sarria e reclama “medidas contundentes”  da xustiza e institucións contra calquera tipo de violencia de xénero  

A portavoz nacional do BNG e candidata á presidencia da Xunta,  Ana Pontón participou na mobilización contra a violencia machista convocada en Sarria  polo colectivo Mulleres de Raíz.

Na concentración, Pontón manifestou a súa solidariedade coa víctima que a semana pasada “sufruiu unha terrible agresión” e trasladou a mensaxe de “que non está sóa porque, cando atacan a unha atácanos a todas.”

Pontón mostrou a súa “indignación” ante unha violencia machista que non cesa e contra a que temos que  seguir respondendo  nas rúas, como estamos facendo hoxe, pero tamén exiximos que respondan, de maneira contundente, as institucións e a xustiza cando se produce calquera tipo de  agresión machista.

A líder do BNG reiterou o seu compromiso  para contruír “unha Galiza na que as mulleres podamos camiñar sen medo” porque “temos  dereito a ser libres e poder vivir sin violencias machistas”, aseverou.

Para a portavoz nacionalista, a violencia contra as mulleres é produto dunha sociedade que mantén  estereotipos e roles que menoscaban os dereitos e liberdades das mulleres polo feito de selo. A educación en igualdade, remarcou, é a mellor ferramenta para erradicar a violencia contra as mulleres.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG