Ana Pontón alerta da perda de falantes e tilda de cinismo oceánico as declaracións de Feixóo sobre a lingua

Ese acoso fai que o galego sexa a única do Estado que perde falantes como consecuencia dun proceso inducido polo PP a través do ataque á lingua no espazo educativo, -vía decreto da vergoña-, e aí están os resultados: Perda da transmisión do idioma ou “aberracións” como o feito de que haxa nenos e nenas que entran a escola falando galego e saen falando castelán.

Neste contexto, o BNG demanda unha nova política lingüística, que apoie a lingua propia, que acabe coa súa discriminación nas aulas e que fomente o idioma desde os medios de comunicación con novos contidos culturais e de ocio para público infantil e xuvenil, “porque os nenos e as nenas non teñen debuxos animados modernos e ven os mesmos que vía eu con catorce anos”, indicou.

En definitiva, reclamou Pontón, “hai que mudar a política de acoso ao galego do PP, por unha estratexia que defenda o noso idioma, porque segundo os datos da propia Xunta hoxe hai adolescentes que din non dominar o idioma galego, mostra de que non existe o bilingüismo cordial senón unha política de acoso ao noso idioma”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG