Ana Miranda representa a Galiza no Foro São Paulo para reforzar compromiso internacionalista do BNG

Ana Miranda. Foto: Delmi Álvarez
Ana Miranda. Foto: Delmi Álvarez

A eurodeputada do BNG desenvolverá unha completa axenda con reunións bilaterais, así como nos talleres e encontros previstos pola organización

A eurodeputada e secretaria de Relacións Internacionais do BNG, Ana Miranda, participa estes días XXIV edición do Foro de Sao Paulo, que nesta ocasión se celebra en Cuba, no obxectivo de reforzar os lazos do Bloque coas forzas de esquerda latinoamericanas e “de dar un paso máis no compromiso político internacionalista do Bloque”. 

Ana Miranda manterá unha seria de encontros bilaterais para reformar os lazos do BNG, pero tamén participará activamente nos numerosos talleres e encontros previstas. Entre os encontros programados figuran o  “Diálogo do FSP colas plataformas, articulacións e redes do movemento social e popular” ou a Conferencia “Contra el colonialismo e pola solidariedade antimperialista”.

Con esta edición do Foro, integrado por máis dun centenar de partidos e grupos de esquerda latinoamericanos e caribeños, o BNG leva xa participado en catro edicións, en 2003, 2007 e a última delas en 2014. Nesta ocasión o Foro é organizado polo Partido Comunista Cubano e nel participarán representantes dos  principais partidos de esquerda ltinoamericanos e organizacións sociais, pero tamén europeos.

O Foro foi fundado en Brasil en 1990 para debater e unir esforzos polo ben común, cando partidos de América Latina e el Caribe reuníronse por convite do Partido dos Trabalhadores (PT Brasil) co obxecto de debater unha alternativa popular e democrática ao neoliberalismo que iniciaba unha fase de ampla implementación mundial.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG