Ana Miranda reforza as relacións internacionais do BNG no congreso de Die Linke

Ana Miranda Die Linke
Ana Miranda Die Linke

A eurodeputada defende que hai que “sumar esforzos para construír unha Europa social, feminista e ecoloxista”

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participa este fin de semana no congreso de Die Linke no nome da Executiva do Bloque, reforzando así as relacións internacionais do Bloque. No congreso, celebrado na cidade de Bonn, debateuse o programa para as vindeiras eleccións europeas do 26 de maio así como as diferentes candidaturas propostas.

No marco destas relacións internacionais que desenvolve o BNG, Ana Miranda mantivo asemade unha reunión coa vicepresidenta da Comisión de Exteriores do Bundestag, Heike Haensel, e o cabeza de lista de Die Linke, Martin Schirdewan, actual eurodeputado, e co que o Bloque xa leva a cabo traballo conxunto en diferentes temas no Parlamento Europeo, estreitanto así as sinerxias de colaboración entre os dous grupos parlamentares da esquerda, Verdes-ALE e GUE.

Neste sentido o Bloque mantén unha estreita relación coas distintas organización, forzas e partidos da esquerda europea co obxectivo de “sumar esforzos para construír unha Europa social, feminista, antimilitarista e ecoloxista” e que represente un cambio radical a respecto da Europa neoliberal.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG