Ana Miranda reclama ao Parlamento Europeo condenar a Israel polo asasinato de manifestantes pacíficos en Gaza

Palestina vencerá
Palestina vencerá

A eurodeputada do Bloque considerou que se trata dunha “violación do dereito internacional” que debe ser investigada de forma independente e transparente

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, na sesión plenaria desta mañá que o Parlamento Europeo condene “rotundamente” a masacre feita por Israel, tras asasinar a 30 manifestantes pacíficos de Gaza e ferir a 2.000 persoas, entre eles crianzas.

“O uso da forza contra manifestantes pacíficos con ataques desproporcionados por las forzas de defensa de Israel nunca pode ser xustificada por razóns de seguridade”, subliñou Ana Miranda, ao tempo que defendeu que o Pobo Palestino ten o dereito fundamental á protesta pacífica e á libre circulación, incluíndo o retorno dos refuxiados, “que non deben estar suxeito a condicionalidades políticas”.

Para a eurodeputada do Bloque, este crime trátase de “terrorismo de Estado e unha violación do dereito internacional”, xa que Israel despreza a vida humana con total impunidade. Denunciou que os oficiais militares recusaram cancelar as ordes ilegais de tiro aberto e o Goberno continuou a xustificar o fogo aberto.

“Cando un estado ataca manifestantes pacíficos con forza desproporcionada, é un estado criminal. Que se pode esperar dun estado que encadea a menores como Ahmed Tamini, que mata a xornalistas, e que fire a crianzas?”, manifestou. Neste sentido reclamou, ademais do fin do bloque da Franxa de Gaza, a posta en marcha dunha investigación independente e transparente.


 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG