Parlamento Europeo

Ana Miranda pregunta á CE se ten preparado un “plan de choque” para evitar a propagación do coronavirus

Ana Miranda
Ana Miranda
A portavoz do BNG en Europa defende a posta en marcha dun amplo programa preventivo e de reacción ante casos positivos

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, remitiu unha pregunta á Comisión Europea para que explique se xa conta cun “plan de choque” que evite a propagación do coronavirus. “Queremos saber como estariamos preparados en Europa en caso de aumentar os casos de contaxio”, explica Miranda.

Pese a que no Estado español non haxa confirmado aínda ningún caso, Ana Miranda considera imprescindible que se desenvolva un amplo programa europeo que estea coordinado e que abarque tanto actuacións preventivas como de reacción fronte aos casos positivos que se poidan declarar nos diferentes países.

“Europa non pode quedar de brazos cruzados agardando a que se produzan contaxios”, manifesta a portavoz do BNG en Europa, en referencia aos tres casos xa contabilizados en Francia. “Non podemos agardar a que esteamos nunha situación de tanta gravidade como a de China para tomar as medidas oportunas”, advirte.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG