Parlamento Europeo

Ana Miranda pregunta á CE que fondos do FEMP hai dispoñibles para paliar as consecuencias do Brexit na pesca

Ana Miranda. Foto: Delmi Álvarez
Ana Miranda. Foto: Delmi Álvarez
O BNG reclama a ampliación das compensacións económicas a 2021

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, presentou unha iniciativa á Comisión Europea para que esta explique que fondos dispoñibles existen para paliar as consecuencias do Brexit na pesca galega. “Temos un sector pesqueiro moi potente que non pode quedar desamparado tras a saía do Reino Unido da Unión Europea”, salienta.

En resposta a unha pregunta presentada polo BNG, a Comisión Europea explicaba que “os Estados Membros poderán conceder unha compensación até finais de 2020 con cargo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca pola paralización temporal das actividades pesqueiras”, polo que Ana Miranda considera fundamental “que o sector saiba que fondos do FEMP hai aínda dispoñibles, xa que sospeitamos que xa non quedan moitos cartos posto que nos atopamos no final do período de vixencia dos fondos actuais 2014-2020”.

En consecuencia, na súa iniciativa, a portavoz do Bloque en Europa pregunta tamén que cantidades aínda non foron executadas polo Estado español e pola Xunta de Galiza. “Queremos saber se os fondos europeos están axeitadamente utilizados polas administracións ou se existe desleixo e deixadez de funcións nos respectivos gobernos”, apunta ao respecto.

Negociacións

Por outro lado, Miranda defende que a utilización deses fondos sexa ampliada a 2021, “en previsión de que ese sexa un ano complicado para as exportacións galegas”. Na súa resposta, a presidenta Von der Leyen, en nome da Comisión Europea, aseguraba que a compensación podería ser concedida unicamente até 2020, algo que a xuízo do BNG é “claramente insuficiente, en tanto que o período de negociacións sobre as relacións comerciais con Reino Unido durará varios meses”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG