Ana Miranda pide á CE de Transportes que abra a Comisión de Investigación do accidente de Angrois

Ana Miranda coa Asociación de Vítimas do Alvia no Parlamento Europeo
Ana Miranda coa Asociación de Vítimas do Alvia no Parlamento Europeo
  • A portavoz do BNG en Europa trasladará á comisaria a denuncia contra o Estado español por incumprir a normativa comunitaria na investigación do accidente ferroviario de Angrois  e solicitará que se dirixa ao instrutor para que compareza Axencia Ferroviaria europea (ERA) no xuízo

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda  reúnese mañá en Estrasburgo coa  coa Comisaria europea de Transportes, Violeta Bulc á que trasladará a necesidade de abrir un novo procedemento de infracción contra o Estado español “por incumprir a normativa comunitaria na investigación do accidente ferroviario de Angrois”. Miranda pedirá á comisaria que se sume á petición da Eurocámara para “reabrir a comisión de investigación do accidente”.

A portavoz nacionalista reclamará “unha investigación rigorosa e independente” ante os indicios que confirman que, tanto a avaliación de riscos como a posta en marcha do ALVIA non foron realizados de maneira correcta e mesmo “foron rebaixados”. A  portavoz do BNG en Europa lembra que a propia  Axencia Ferroviaria Europea (ERA) emitiu un informe no que denunciaba  falta de independencia na investigación e non outorgar a necesaria importancia a todas as causas do accidente”.

No encontro entre Ana Miranda e a comisaria europea que terá lugar mañá  no Parlamento europeo  en Estrasburgo,  na sala WIC, 07/80 ás 17.30hs, a portavoz do BNG tamén trasladará  á máxima responsable de transporte da Unión Europea, que se dirixa ao instrutor do caso para que poida comparecer a Axencia Ferroviaria Europea no xuízo e realizar  as xestións necesarias  que recentemente foron  solicitadas pola Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para que se abra unha nova investigación.

Miranda reitera  que foi o Parlamento europeo, a  institución que “escoitou ás vítimas”  e no suposto de abrir    un novo procedemento de infracción estariamos diante dunha esperanza fronte á “manipulación, silencio e maltrato ás vítimas” por parte dos gobernos galego e español e que contou coa complicidade do PSOE. Estiveron, afirma a nacionalista,    “máis preocupados de taparse uns a outros para que non se investigue que de coñecer a  verdade das causas do accidente que segou a vida de 82 persoas e deixou grandes secuelas nas vítimas e familiares ”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG