Ana Miranda

Non discutan entre o Consello, Comisión e Parlamento mentres o Mediterráneo se converte nun cemiterio

Ana Miranda
Ana Miranda

A eurodeputada do BNG critica a falta de política migratoria común da Unión Europea e a ambición política de salvar vidas

A eurodeputada nacionalista, Ana Miranda, expresou a indignación do Bloque polo acontecido co rescate do barco Aquarius que considera é froito da falta de política migratoria común e de xestión de fronteiras. “Como non se convocou o Consello de Ministros ante esta situación?”, manifestou.

“Non se tiren a pelota entre uns e outros”, destacou a eurodeputada nacionalista ao tempo que criticou as disputas entre o Consello, a Comisión e o Parlamento “mentres o Mediterráneo se converte nun cemiterio”.

Para o BNG, a Unión Europea non ten o coraxe ni la ambición política de salvar vidas. “A vergoña da travesía do Aquarius, vagando entre distintos estados pon en evidencia que o sistema europeo baséase en protexer as fronteiras e disuadir ás persoas inmigrantes e refuxiadas en lugar de ir ás causas de por que veñen a Europa fuxindo dose seus países”, explicou Miranda.

Ao seu xuízo a falta de reacción conxunta débese á falta de dignidade das políticas europeas, posta de manifesto simbolicamente na imaxe dun barco de papel que choca contra unha Europa representada por un gran transatlántico, que de forma insensible permanece impasible ante a traxedia.

Fronte a esta insensibilidade da Unión Europea, Ana Miranda trasladou os seus parabéns aos concellos, e en especial aos galegos, que se puxeron a disposición para recoller ás persoas refuxiadas.

Por outra banda, e perante un debate da envergadura da política migratoria europea, a eurodeputada do Bloque manifestou o seu malestar ante a escasa afluencia de eurodeputados e eurodeputadas no hemiciclo. “Neste momento non chegamos nin ao 10%”, criticou.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG