Ana Miranda e Luís Bará participan mañá na marcha en defensa do traslado de Ence

Marcha ENCE
Marcha ENCE

O BNG considera que a empresa desenvolve unha actividade incompatible co medio ambiente provocando un “desastre ecolóxico”

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, e o deputado no Parlamento galego, Luís Bará, anuncian que mañá participarán na marcha contra a permanencia de Ence na ria de Pontevedra, nunha protesta que percorrerá a autovía que conecta Pontevedra e Marín tras saír ás 12 horas das alamedas destas localidades.

Para o BNG, a celulosa desenvolve unha actividade incompatible co medio ambiente e a protección da riqueza da ría pontevedresa polo que se mantén firme na súa postura de defensa do traslado de Ence da ubicación actual. “O mantemento da celulosa na ría provoca un desastre ecolóxico que é necesario frear xa”, subliñan.

O Bloque considera que esta decisión permitiría xerar 500 postos de traballo vinculados ao turismo e a explotación marisqueira, así como desenvolver unha nova política forestal que non estea baseada na plantación de eucaliptos coa que 200.000 familias se poderían beneficiar de rendas do monte.

Para os nacionalistas, Feijóo e o Partido Popular teñen que deixar de exercer de conselleiros delegados de ENCE e actuar como presidente de Galiza, liderando o traslado da pasteira fora da Ría de Pontevedra e a defensa do medio ambiente, en lugar de poñerse de lado da multinacional defendendo unha prórroga inmoral e ilegal, tendo en conta que a Avogacía do Estado declarouna non conforme a dereito.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG