Ana Miranda defende a “Europa da solidariedade” fronte a “Europa fortaleza” da dereita

Participantes debate
Participantes debate

Nun debate en Francia sobre a situación das persoas refuxiadas a eurodeputada do Bloque lanza a iniciativa de [email protected] [email protected] cos migrantes no Mediterráneo

Ana Miranda defende a “Europa da solidariedade” fronte a “Europa fortaleza” da dereita

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participa nunhas xornadas sobre a situación das persoas refuxiadas convidada pola eurodeputada do Partido Comunista Francés-PCF, Marie Pierre Vieu, na localidade da Occitania francesa de Tarbes. “Temos que frear a construción da Europa fortaleza pola que avogan as forzas da extrema de dereita e seguir avanzando na Europa da solidariedade”, subliñou na súa intervención.

“Precisamos facer unha cadea de solidariedade contra a intransixencia dos Estados na xestión das situacións das persoas refuxiadas”, destacou a eurodeputada galega, quen animou ás eurodeputadas e eurodeputados solidarios a traballar pola mellora das condicións de vida das persoas migrantes. Neste sentido, avogou pola necesidade de establecer unha rede de eurodeputados que traballen pola posta en marcha de vías libres e seguras, así como pola aprobación da normativa de asilo. 

Salvamento marítimo

“Temos, asemade, que denunciar o abandono do salvamento marítimo no Mediterráneo e as súas terribles consecuencias para as persoas”, engadiu, en referencia ao cambio da política migratoria do goberno central, que pasou de abrir as portas ao buque Aquarius no pasado mes de xuño a bloquear a actividade dos barcos Aita Mari –retido en Bilbao- e Open Arms –retido en Barcelona-. “Non podemos mirar para outro lado e permitir a criminalización das organizacións que salvan vidas”, sinalou.

A eurodeputada do Bloque lembrou que un primeiro paso no establecemento de vías seguras é o visado humanitario, cuxa tramitación foi aprobada recentemente na Eurocámara. “Compre axilizar este proceso. Non podemos permitir que se sigan producindo mortes no Mediterráneo polo bloqueo que autorizan gobernos insensibles”, salientou Miranda, quen sinala que desde principios de ano, xa son máis de 400 persoas as mortas no Mediterráneo.

conferencia refuxiados