Parlamento Europeo

Ana Miranda acusa ao PP de manobrar para impedir que a cidadanía galega afectada por Altri sexa escoitada na Eurocámara

Delegación Altri NON
Delegación Altri NON

A eurodeputada do BNG considera “inaceptable” que os populares se alíen coa extrema dereita para evitar a comparecencia da plataforma Ulloa Viva

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denuncia que os populares se aliaron hoxe coa extrema dereita para impedir que a cidadanía afectada pola macrocelulosa proxectada en Palas de Rei sexa escoitada na Comisión de Peticións da Eurocámara o vindeiro 3 de outubro. Precisamente esta decisión rexeitada hoxe foi tomada o pasado 4 de setembro pola vía de urxencia co acordo de catro grupo parlamentares diferentes.

“É inaceptable que o Partido Popular volte impedir que a cidadanía galega compareza nunha comisión parlamentar do Parlamento Europeo, sobre todo despois de ter un acordo con catro grupos parlamentares no que se decidiu por vía de urxencia que comparecera a plataforma Ulloa Viva para denunciar o proxecto de Altri”, explica Ana Miranda.

Votar contra Galiza

Neste sentido, a eurodeputada do Bloque acusa aos eurodeputados do PP de acudir “en procesión” para romper o cordón sanitario á extrema dereita na Comisión de Peticións celebrada hoxe e votar contra Galiza. Para a eurodeputada galega é igualmente inaceptable que a dereita manobre para que en Bruxelas non se volva dicir Altri Non, tal e como xa fixeron os colectivos afectados nun encontro con representantes da Comisión Europea organizado por Ana Miranda e celebrado o pasado mes de abril en Bruxelas.

O BNG leva traballando intensamente para dar a coñecer as vulneracións medioambientais do proxecto que impulsa o PP en Palas de Rei, así como as súas desastrosas consecuencias sociais e económicas. En concreto a eurodeputada galega xa denunciou en reiteradas ocasións o incumprimento de diferentes normativas europeas deste proxecto. Así, existe risco de incumprimento da Directiva Marco de Auga pola vertedura que Altri pretende realizar no río Ulla e no encoro de Portodemouros, así como risco de vulneración da Rede Natura e de destrución de zonas de especial protección nas que existen especies endémicas. Precisamente estas vulneracións levan ao Bloque a rexeitar que este proxecto reciba fondos europeos.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG