GALEGAS 2020

No 84 aniversario do Estatuto galego, Mini pide un novo status político para Galiza

Acto Estatuto
Acto Estatuto

Afirma que o cambio político virá da man do BNG cun  goberno presidido por unha muller, a nacionalista Ana Pontón

O deputado no Congreso, Néstor Rego avogou por recuperar e  difundir a memoria histórica e avanzar no autogoberno  e con capacidade para decidir de maneira soberana sobre os nosos intereses

No 84 aniversario do Estatuto galego, Mini pide un novo status político para Galiza

No acto de  celebración do aniversario do Estatuto de Autonomía do 36, o candidato pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas mostrou o seu convencemento de que “só cun goberno nacionalista, Galiza acadará un novo status político”. Rivas afirmou que o vindeiro 12 de Xullo, todos os galegos e galegas teremos a oportunidade de elixir “un goberno presidido por unha muller nacionalista, Ana Pontón”. Ese goberno do BNG, recalcou o candidato, “sacará a Galiza da inacción e devolverá o pulo aos nosos sectores produtivos, aos servizos sociais e as liberdades”.

Hoxe, os galegos e galegas queremos avanzar, somos un país rico, con talento e recursos e toda esta riqueza, aseverou Rivas , debe reverter no noso país, Debemos  acreditar en nós, e poñer en marcha unha nova Galiza para non continuar na submisión aos intereses alleos. “Podemos facelo realidade  o 12 de xullo  cun goberno do BNG que goberne para todos os galegos e galegas”.

Acto EstatutoRivas explicou que a celebración do aniversario do Estatuto do 36 non é baladí, é a “celebración da esperanza para dar o paso que Galiza necesita”. Os nacionalistas queremos “un país forte, dinámico e igualitario” e o 12 de xullo temos na nosa man que unha muller que encarna as “virtudes do nacionalismo e o empuxe necesario para ese  cambio” lidere o goberno na Xunta. Esa muller reiterou é a candidata do Bloque Nacionalista galego,  Ana Pontón.

Galiza, un estado soberano con autogoberno real para decidir

Pola súa parte, o deputado no Congreso, Néstor Rego destacou  que o actual “marco estatutario” non dá solución aos principais  problemas sociais, económicos, culturais e políticos  de Galiza, de aí, dixo  a necesidade dun cambio de status para que Galiza reforce a súa “capacidade para decidir por si propia” e de “maneira soberana”. Esta é a posición que defende o Bloque Nacionalista Galego e que socialmente “cada vez é máis compartida”. Ter capacidade para decidir, explicou Rego, é “a premisa para facelo en función dos intereses do noso país” e estamos comprobando que cando se toman decisións a 600 Qm en Madrid ou 1.800 en Bruxelas, moitas veces esas decisións prexudican os intereses de Galiza, na pesca, no agro o na política industrial. Esta realidade reforza a posición do BNG para que  Galiza poida libremente decidir sobre os seus asuntos e poder  promover un desenvolvemento social e económico para mellorar a calidade de vida de todos os galegos e galegas.

Na súa intervención, Néstor Rego reclamou “rescatar a memoria histórica e difundila”. Hoxe, explicou é o aniversario do referendo do Estatuto de 1936 e onte foi o aniversario da proclamación en 1931 da República galega e eses son os nosos referentes como Castelao que representa “a nación, a soberanía a república e a patria”. Son os  nosos referentes porque continúan sendo os nosos obxectivos. O Partido galeguista defendeu o estatuto pero foi crítico co seu contido e a  redacción de Carvalho Calero era “máis ambiciosa á hora de defender a capacidade de decidir no noso país”, definindo a Galiza como “un estado libre dentro da República” pero con todo, abondou Rego, os autores do estatuto  consideraron que era un paso necesario.

                               Os tempos mudan e hoxe o BNG considera que o estatuto de 1981 “non é a solución”, foi unha carta outorgada e polo tanto “enormemente fráxil” e por iso o BNG defende, dende sempre, que é preciso avanzar “en autogoberno real en nun estado soberano  para ter ferramentas que nos permitan decidir sobre o noso”.

No acto para celebrar o aniversario do Estatuto de Autonomía do 36 celebrado hoxe na Praza do Toural en Santiago  tamén participaron: o escritor Suso de Toro, a portavoz municipal do BNG no concello de Santiago, Goretti Sanmartín e a candidata ao Parlamento galego nº 7, Iría Carreira.

No 84 aniversario do Estatuto galego, Mini pide un novo status político para Galiza