TeleBNG

Querémoste

Somos, desde hai moitos anos -ou non tantos, iso depende!- un bloque de xente co corazón neste país. Un bloque que traballa, que fala, que coopera, que está todos os días en todos os sitios. Un bloque desde a rúa, os parlamentos e os concellos. Un bloque que transforma as nosas vilas e cidades. Un bloque cheo de soños que camiñan -xa sabedes: para iso serve a utopía, para camiñar-. Un bloque que muda o mundo desde nós, que está onde ten que estar e con quen ten que estar. Un bloque que leva moito tempo, viviu moitas cousas e medra hoxe con forza e con ilusión. Si, este bloque é o meu, o teu, o noso Bloque. Un bloque para un país novo, próspero e vivo, en que poidamos vivir e non só sobrevivir. Un país que non deixe a ninguén atrás. Que apoie o talento, que premie o esforzo e o traballo, que garanta o futuro e abra oportunidades, que recupere a esperanza e volva sorrir. Si, aquí estamos, somos o Bloque. O novo BNG, contigo. E querémoste.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG