Novas

Un tempo novo

Son os pobos, as persoas, quen protagonizan os cambios. Elas son ​a enerxía e o motor necesario para abrir un tempo novo en Galiza.​ E este é o momento de apostar por esa mudanza, a que precisa un país coma o noso, con enerxía e capacidade de transformación, un país diverso, vivo e con vontade de saír adiante. Pegamos un cartaz nun muro e todo muda. Construír Galiza con ilusión, contigo, di. E saen del raios de luz en todas direccións, que van enchendo de cor as paisaxes e as persoas​ ​​ deste país que amamos e no que temos tanta confianza. Unha Galiza de todas e de todos. Unha Galiza para construír desde a pluralidade, e que precisa dun horizonte compartido de traballo, dereitos, igualdade, benestar. ​Coa man tendida, velaquí a nosa aposta musical para mostrar a capacidade que temos os galegos e as galegas para transformar e mellorar a realidade, desde a confianza no que somos.

CRÉDITOS

Título da canción: Un tempo novo!
Voces: Xavi Castro (do grupo Raiba) e Navia Rivas.
Música: Marcos Paino
Produción do videoclip: ZIWA.

LETRA

Irei ​á​ selva como cada luns
​n​a miña aldea somos fans de Robin Hood

Nada de gando nin carne de canón
​buscar traballo de Finlandia a Nova York

Quen dixo medo habendo hospitais
é o momento de berrarlles ​n​unca máis

Facer cos dedos o V da vitoria
escribiremos unha páxina da hist​o​ria

Que non digo nunca nada por dicir
entón escoita agora e aquí

Os homes que odian desaparecerán
e o poder do pobo ao pobo voltará

que non te enreden vendedores de seguros
tes dereito a escoller o teu futuro

Non compraremos billetes para o barco
sabes que hai unha praia baixo o asfalto

Un tempo novo depende de nós
Un tempo novo pasa por nós
 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG