Vertedoiro de Lousame vs as 3Rs

Vertedoiro de Lousame vs as 3Rs
Visita da portavoz nacional do BNG ao futuro vertedorio de Lousame
Visita da portavoz nacional do BNG ao futuro vertedorio de Lousame

A Empresa Gestora de Residuos del Noroeste SL (anteriormente denominada STAFF MEDIOAMBIENTE XXI SL) presentou un proxecto (clave de expediente 2015-IPPC-I-82) para instalar o “Centro de Xestión ambiental de Lousame” nun solo rústico de especial protección forestal, zona de progresiva recuperación da diversidade biolóxica.

O emplazamento escollérono pola proximidade da planta de tratamento de residuos da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza, onde se recicla máis do 30% dos materiais que entran, e donde traballan máis de 150 persoas.

Neste macrovertedoiro de residuos industriais van traballar 13 persoas e a idea é enterrar 770.000 toneladas de residuos industriais tóxicos e non tóxicos en balsas no alto do Monte Culou, nunha zoa onde nacen os manantiais de auga dos veciños do Mirón e Servia, que viven a menos de un kilómetro de distancia, durante os dez anos que duraría a concesión, despois dos cales taparían o vertedoiro con vinte centímetros de terra.

Cos residuos que aproveiten (cartón, plásticos, madeiras, telas) pretende facer combustibles para fornos de industrias e despois retornar as cinzas para o vertodoiro e enterralas nas balsas a intemperie, polo que os lixiviados cada vez van a ter máis productos tóxicos.

Tendo en conta que cada balsa ten unha superficie de seis campos de futbol, e están sin cubrir, e esa zona de Lousame é das de máis alta pluviosidade, a cantidade de aguas que van ter que tratar será descomunal, e pretenden levalas en camións cisterna a tratar a unhas depuradoras, das cales tamén van levar os lodos de volta a enterrar no vertodoiro.

E tan deficiente o xeito de recollida das escorrentías e dos sistemas de seguridade ante os posibles vertidos que o informe do técnico municipal do Concello de Lousame e totalmente contrario alegando:

  • Que poría en risco una conca hidrográfica que abastece de agua a una poboación de 15.000 persoas.
  • Imcompatibilidade co artigo 39 da lei 2/2016 do Solo de Galicia.
  • Falta total de medidas de seguridade correctoras dun posible vertido.
  • Non se contempla a existencia de captacións de aguas nos arredores e non están estudiadas as consecuencias do que poda provocar as verteduras das augas do vertedoiro ladeira abaixo.

Queren vender este vertedoiro como unha industria moi beneficiosa para Lousame e que nos axudaria moito. O que realmente sería efectivo é o reciclaxe coas 3R, buscar outra ubicación, easí crearíanse moitos máis postos de traballo e non se danaria a toda a comarca, porque no caso dun accidente, dun escape ou dunha rotura, o problema chega a ria de Noia rápidamente.