A Xunta comprometese co BNG a recibir a ANPA do CEIP de Vilaxoán e a reparar as deficiencias do centro

Montse Prado na Comisión de Pesca
  • A  deputada do BNG, Montse Prado indicou que o centro educativo, con máis de 38 anos, rexistra graves deficiencias que están a prexudicar a 250 nenos e nenas

A deputada do BNG, Montse Prado, tras denunciar o “deterioro dos centros públicos galegos de ensino” preguntou ao Goberno concretamente polas deficiencias do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Vilaxoán, situado no concello de Vilagarcía de Arousa, que colle a máis de 250 nenos e nenas en infantil e  primaria.

A parlamentaria explicou que este centro foi construído na década do 70 e pola súa antigüidade rexistra un importante deterioro  ao non  abordar os arranxos requiridos ao longo de 38 anos. A nacionalista lembrou que a propia ANPA no mes de outubro de 2016 dirixiuse á educación na provincia de Pontevedra demandando unha reunión para resolver a situación, “circunstancia que a día de hoxe aínda non obtivo resposta”.

A deputada salientou que o centro educativo adoece de falta de illamento o que provoca que algunhas aulas non superen os 14 graos de temperatura. Ademais indicou que os falsos teitos están compostos por pranchas moi antigas e afectadas   polas consecuencias dos últimos temporais. Outro dos motivos de preocupación, dixo, é o estado da caldeira e o depósito con residuos que impide o seu normal funcionamento. “A cuberta formada por uralita contén amianto e a normativa vixente recomenda a súa substitución ao completo”, recalcou.

Para a deputada, no centro se está a producir “un desplifarro económico” polo deficiente funcionamento dunha caldeira “obsoleta” que non cumpre coas mínimas esixencias de aforro enerxético ao que hai que sumar o deterioro da fibra de vidro deteriorado dos teitos, polo que reclamou “unha reunión urxente dos responsables de educación da provincia de Pontevedra coa ANPA para abordar unha solución”.

A parlamentaria do BNG criticou que non se invista en centros públicos cando está previsto que nos próximos seis anos os centros educativos  privados conten con máis de 1.550 millóns de euros. Vostedes, dixo, “teñen un discurso para os centros públicos e logo defenden outro moi diferente para beneficiar  aos privados”.

Pola súa parte, o secretario de educación  recoñeceu as deficiencias do CEIP de Vilaxóan  e comprometeuse coa deputada do BNG a que os responsables da consellería da provincia recibirán  a  ANPA, destinar  unha partida de 40 mil euros para a substitución das ventanas no período do verán  e investir no resto das deficiencias do centro de ensino denunciadas pola nacionalista.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG