Ribadeo co 25N, contra a violencia machista

O vello pavillón de deportes, situado na rúa Alfredo Deaño, acolleu o acto reivindicativo contra as violencias machistas co que o Concello de Ribadeo celebrou o 25 de novembro. 

Na xornada participaron todos os centros educativos, tecido social, o programa Aquí como de 20 do rural e cidadanía de Ribadeo. Houbo lectura de manifesto, o Comité Lila do IES Dionisio Gamallo Fierros reproduciu a pirámide da violencia e tamén houbo tempo para a música, para escoitar e interpretar o reggaeton Mayores, de Becky G, ao que o comité Lila lle modificou a letra orixinal por outra de carácter feminista.

Na campaña #RibadeoenNegro, que se prolonga ata o vindeiro domingo, 26 de novembro, están a participar máis dun cento de establecementos comerciais que tinguiron de loito os seus escaparates amosando así a súa repuO vello pavillón de deportes, situado na rúa Alfredo Deaño, acolleu esta mañá o acto reivindicativo contra as violencias machistas, que se enmarcou na campaña #RibadeoenNegro. Por mor da chuvia a cita non se celebrou no Cantón.

Na xornada participaron todos os centros educativos( Colexio Sagrado Corazòn, Colexio Gregorio Sanz, CIFP Porta da Auga, IES de Ribadeo), Sandra Saavedra, o tecido social e o programa Aquí como de 20 do rural e cidadanía de Ribadeo.

O colexio Sagrado Corazòn de Xesús representou “A cadea”, o colexio público Gregorio Sanz que levou tamén xs nenxs de 5 años colocou unha pancarta que definía as violencias e sobre a que traballaron no ultimo mes. O ciclo de educación infantil do CIFP do Porta da Auga fixo unha escenificación acompañada da linguaxe de signos do proceso que sufría unha muller maltratada expresada por unha carta da súa filla, acompañado dunha intérprete de linguaxe de signos. Tamén contamos con Sandra Saavedra (ribadense e actual fisioterapeuta do Burela FC sala feminino e traballadora do Centro de Día A Concordia) que nos leu un texto creado por ela.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG