A portavoz do BNG manifestou que “Feixóo debe ter a valentía de reclamarlle con firmeza a Raxoi a transferencia da AP-9” e anunciou que o BNG volverá a pedir no Parlamento galego “o rescate e a súa transferencia”.
Por outra banda, cualificou de “chapuza” as obras de ampliación da ponte de Rande e de “estafa” as peaxes “abusivas” que pagamos 20.000 galegos e galegas tendo en conta, dixo, que en Galiza temos os soldos máis baixos.
“Raxoi debe levantar o veto á transferencia” e rematar coas peaxes, pero non o fai porque conta “coa complicidade de Feixóo”, denunciou a portavoz do BNG.
Neste sentido, engadiu que o veto á transferencia da AP-9 e ás peaxes son “un agravio” a Galiza e agora sabemos que xa foron rescatadas no Estado cinco autoestradas ruinosas e catro seguen pendentes de rescate.
Pontón lembrou que hoxe Raxoi visita Galiza e Feixóo debería aproveitar para volver a reclamarlle a transferencia da AP-9, os galegos e galegas, explicou, “non merecemos este maltrato” e dende o BNG seguiremos demandando o rescate e transferencia desta infraestrutura.