Noa Presas denuncia que o Plan de Transporte desmantela a conexión de Ourense co Hospital de Piñor

Rolda de prensa Noa Presas, cláusulas solo
Rolda de prensa Noa Presas

Pérdense o 50% dos horarios de ida ao Hospital e un 25% dos de volta deixando doentes de rehabilitación vulnerando o dereito ao desprazamento até os servizos públicos de saúde.

Noa Presas, deputada por Ourense, compareceu acompañada de Luis Seara, responsábel local, para denunciar como o novo plan de transporte da Xunta “supón un paso máis no desmantelamento dos servizos públicos da provincia, exemplo de que o que move ao Partido Popular é unicamente o beneficio económico e non o benestar das persoas”.

Presas insistiu en que “a suspensión da folga non supón a solución do conflito e vemos con preocupación como o goberno galego continúa coa mesma prepotencia e improvisación que nos levaron a esta situación. Desde o BNG estaremos atentas a que pasa nos próximos días e non permitiremos que o PP aproveite o verán para recortar conexións de transporte” e recordou que Ourense acumula 24 renuncias dun total de 24 concesións polo que “o golpe de DOG non pode substituír ao diálogo e deixar a unha provincia sen alternativas de transporte cunhas liñas de bus máis escasas”.

“Coa oferta proposta no proxecto definitivos as saídas de Ourense a Piñor pasan de 14 a 7, cunha redución do 50%; e á inversa pasan de 12 a 9 (10 en período lectivo) cunha distribución que deixa lagoas entre as 8:40 e as 11 da mañá e a media tarde até a noite” informou Presas, que engadiu que “o Plan da Xunta é un disparate, un doente que teña quenda de rehabilitación ás 11.30 da mañá terá que coller o bus das 7:25, e iso se vive no perímetro urbán, ou depender de familiares ou taxi... non podemos ignorar que estes doentes teñen moitas veces dificultades de mobilidade”. Ademais, sinalou Luis Seara “xa a actual oferta, de un bus cada hora ou hora e pico, tiña moitas deficiencias e queixas; ao final quen poida costear os desprazamentos vai ir directamente á alternativa da privada, parece que é o que buscan”.

Presas e Seara anunciaron iniciativas no Parlamento, Deputación e Concello de Ourense para garantir, cando menos, o mantemento dun bus por hora durante os servizos do Hospital “estamos diante dun agravio que non se pode permitir, calquera ourensá debe poder acceder en transporte público ao hospital de Piñor; ademais de Feijoo teñen responsabilidade Vázquez e Baltar, que miran para outro lado”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG