O parlamentario do BNG, Xosé Luís Rivas reclamou hoxe na comisión de Agricultura impulsar proxectos de investigación para controlar a poboación e erradicación da véspera velutina e mentres non se atope unha solución a praga dixo, “ rebentar os niños con cápsulas ou dinamita se é preciso” para non deixar fora ningunha raíña e imposibitar a creación de “novos niños primarios”
O deputado mostrou as súas queixas polo que considerou “inacción” da Xunta de Galiza ante un problema de “graves consecuencias” para o equilibrio biolóxico xa que a velutina, explicou, “é un depredador de poboacións de polinizadores, piar imprescindible da agricultura”.
Rivas tamén trasladou á Cámara galega a inquedanza das asociacións representativas do sector ante a falta de interlocución coa administración que a pesar de poñer en marcha unha comisión de seguimento formada por Medio Ambiente, Fegamp e Vicepresidencia “non hai constancia nin de reunións nin de conclusións” e moito menos de interlocución co colectivo afectado.
Hai que investigar o comportamento da velutina, engadiu o nacionalista, “non sabemos nada, nin sequera porqué varía tanto”. Sae máis barato investigar que agardar a que se produza unha desgraza polo que preguntou donde están os convenios coas tres universidades?. Se temos aparellos, como os drons utilicen todo o que teñan a man para rematar con esta praga. “Un niño de velutina pode acoller ata 30.000 e 50.000 exemplares” o que está a crear unha “intranquilidade manifesta entre a poboación do campo” e vostedes seguen sen reaccionar.
O parlamentario advertiu que se a administración pública non toma medidas urxentes, unha vez máis, terán que ser os apicultores os que actúen para impedir que a velutina sega destruíndo a produción agraria e denunciou que na parroquia de Santiso no concello de Touro, a día de hoxe, existen “nove niños sen retirar” despois dun mes de ter avisado á autoridade competente polo que considerou que a proposición non de lei do BNG defendida hoxe en comisión de agricultura “é máis que necesaria”.
A proposición non de lei defendida polo BNG tamén reclamaba potenciar a prevención na primavera mediante trampeo para capturar ás raíñas de velutina e impedir a súa propagación en novo niños e verificar a utilidade de Tragsa no combate desta especie invasora.