Luís Bará: “Se non se actúa contra a deslocalización o sur de Pontevedra será un deserto industrial”

Intervención do deputado do BNG, Luís Bará
Intervención do deputado do BNG, Luís Bará
  • O deputado amosou o apoio do BNG ás demandas dos traballadores e traballadoras de PESCANOVA en folga para reivindicar un convenio xusto

O parlamentario nacionalista, Luís Bará iniciou a defensa da moción para potenciar o sector da automoción,  amosando o  apoio do BNG aos traballadores e traballadoras de PESCANOVA que manteñen unha  folga  por un convenio laboral  xusto.

Na súa intervención, o deputado lembrou que os pequenos cambios no discurso triunfalista do conselleiro de Industria débense as denuncias formuladas polos sindicatos e grazas a iniciativas políticas contra a deslocalización de empresas galegas cara Portugal. Dende o BNG, dixo, xa amosamos a nosa preocupación pola marcha de empresas auxiliares consolidadas e se non actuamos con urxencia, alertou, o sector da automoción estará gravemente  “ameazado” e o sur de Pontevedra pode converterse “nun deserto industrial”.

Para o deputado, o goberno galego debe  actuar sen dilación ou “o sur de Pontevedra  pode converterse nun deserto industrial” principalmente na área urbana  de Vigo. Mentres en Galiza perdemos dous mil postos de traballo directo,   Portugal creou 6.000 empregos. Ademais da perda de postos de traballo, perdemos “dereitos, empeoraron as condicións laborais e salariais, e aumentou a  precariedade coa escusa da crise económica”.

O parlamentario apelou a “unha estratexia política” que potencie o sector da automoción atendendo ao dialogo cos axentes porque a realidade, dixo,  e que temos aí ao lado a Portugal cunha “política de Estado” con incentivos fiscais e administrativos mentres Galiza carece destas iniciativas. “Portugal está a captar investimento de empresas internacionais e a atracción tamén de empresas de matriz galega ademais do proxecto do vehículo autónomo con empresas xa instaladas no país luso”.

Bará  reiterou que Galiza debe contar cunha estratexia equivalente á portuguesa para desenvolver o noso sector da automoción polo que defendeu fomentar a I+D+i en colaboración coas empresas e universidades,  materializar  a colaboración entre a Zona Franca e a Xunta para posibilitar a dotación de solo industrial a prezos competitivos e  retomar o proxecto estratéxico da PLISAN, “con 17 anos de tramitación sen que se producira a venda de terreos”. O parlamentario tamén  criticou a “propaganda do Partido popular” no referente a Industria 4.0 do que dixo, “temos en Vigo un centro tecnolóxico que realmente se está a comportar como unha fundación e unha empresa de subcontratación de enxeñeiros abaratándolle os custes a PSA, a pesar de contar con financiamento público”.

Os votos en contra do Partido popular impediron que a moción nacionalista prosperara.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG