Luís Bará acada un acordo unánime no Parlamento para retirar as inscricións franquistas das igrexas

Luís Bará
Luís Bará

En concreto o BNG pide a retirada urxente das inscricións franquistas da igrexa de Santiago en Cangas

Coincidindo coa presentación da denuncia do BNG ante a Fiscalía, debatíase en comisión no Parlamento galego a proposición no de lei defendida polo deputado, Luís Bará reclamando a “retirada das inscricións franquistras existentes nas fachadas das igrexas católicas e concretamente  da igrexa de Santiago no concello de Cangas. A proposición non de lei nacionalista acadou o apoio unánime polo que se iniciarán as negociacións entre a Xunta e a Igrexa católica  para  retirar toda a  da simboloxía franquista existente nas fachadas das igrexas.

O parlamentario lembrou que a Xunta ten competencias en patrimonio e obrigas a hora de cumprir a lei de memoria histórica ademais de contar cun convenio  asinado no ano 1995 coa Igrexa católica para actuar neste ámbito. No caso concreto de Cangas, dixo,  a demanda transcende a moitos anos por parte do goberno municipal e da Asociación da Memoria histórica deste concello. As negociacións coa Igrexa católica non prosperaron polo que o deputado do BNG agarda que o acordo parlamentario de hoxe “poña fin a moitos anos de loita” para retirar elementos colocados de maneira “agresiva, ofensivos de exaltación do franquismo”

O acordo parlamentario obriga á Xunta a negociar coa Igrexa Católica  a retirada de toda a simboloxía franquista  en todas as  igrexas galegas, e no caso concreto de Santiago en Cangas de  “maneira inmediata” e de non ser así, iniciar os expedientes pertinentes.

Para o deputado resulta “un anacronismo e anomalía” que pervivan elementos destinados a enaltecer o franquismo coa complicidade de quen permite que se manteña esa simboloxía polo que amosou a súa satisfacción por un acordo para retirar  as referencias “aos caídos por Dios e pola Patria” e iniciando  as negociacións co  Arcebispado de Santiago para a retirada destas inscricións  na igrexa de Santiago en Cangas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG