Sesión de apertura da X lexislatura do Parlamento Galego

O Grupo Parlamentar do BNG será fiel a Galiza e defenderá os dereitos nacionais e sociais das galegas e galegos

Deputadas e deputados do BNG da X lexislatura
Deputadas e deputados do BNG da X lexislatura
  • Cun caravel vermello  e o volume do Sempre en Galiza de Castelao, os seis deputados e deputadas nacionalistas prometeron o seu cargo acatando por “imperativo legal” o Estatuto e  Constitución

As deputadas e deputados do grupo parlamentario do BNG tomaron posesión hoxe no Parlamento galego baixo o compromiso de “ser fiel a Galiza e defender os dereitos nacionais e sociais das galegas e galegos e a súa liberdade”. Cun caravel vermello e un volume do Sempre en Galiza de Castelao prometeron o seu cargo por “imperativo legal”  acatando o Estatuto e a Constitución.

Tras a constitución do Parlamento galego, a portavoz do grupo nacionalista , Ana Pontón manifestou ante os medios de comunicación que o BNG fará “unha oposición rigorosa e será  a voz das alternativas para sacar a este país adiante”.

Ana Pontón e Olalla Rodil cantan o Himno galegoIniciamos un novo ciclo no que dende o BNG considerarmos a política de maneira  seria  na que debemos exercer con responsabilidade á confianza que nos deron os galegos e galegas. Nós, recalcou Pontón, aspiramos estes catro anos a consolidarnos como alternativa fronte o réxime e o Partido popular en Galiza. “Hai motivos para que as persoas teñan esperanza porque no BNG contamos cun proxecto cohesionado, sólido e firme ademais da ilusión coa que chegamos a esta X Lexislatura para dar o mellor de nós cun grupo avalado polas ideas e todo o apoio que día a día vemos na rúa”.

Ana Pontón asegurou que a nova lexislatura que hoxe comeza coincide co “tempo novo do BNG” cunha oposición que terá un pé no Parlamento e un pé na rúa e  para tirar da xente que necesita “unha voz que defenda con contundencia os seus problemas” pero tamén, engadiu, aportando alternativas. Pontón explicou que nos atopamos nun momento complexo e o BNG ten o  reto de devolverlle a esperanza e os motivos para sorrir e crer a esas miles de persoas que ven con desesperación que a súa situación non se soluciona. Hoxe, iniciamos unha nova andaina e agardamos que o Partido popular non aplique a súa maioría como “unha apisoadora” e demostre a súa intención de diálogo escoitando as propostas e opinións da oposición.

Convidad@s á toma de posesiónA preguntas dos xornalistas, sobre a situación política no Estado, a  portavoz do BNG mostrouse convencida de que  o bipartidismo no Estado, propiciado polo acordo  entre  Partido popular e  Partido socialista  está no final dos seus tempos e representa un “modelo caduco”, neste sentido afirmou  que o  BNG  representa unha alternativa de cambio real fronte a consolidación do bipartidismo e a  base dese cambio, recalcou,  emerxerá das forzas nacionalistas, dos pobos e  das nacións sen estado.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG