O BNG propón que o Parlamento aprobe, no primeiro pleno do mes de maio, a Lei de Transferencia da AP-9

Cargos institucionais do BNG pola transferencia da AP-9
Cargos institucionais do BNG pola transferencia da AP-9
  • Na constitución da ponencia da AP-9, o deputado do BNG, Luís Bará propuxo un calendario para a tramitación da lei de transferencia e a súa aprobación na sesión plenaria do  vindeiro día 9 de maio co fin de axilizar a súa tramitación no Congreso dos deputados e deputadas

Na constitución da ponencia  e elaboración do informe da lei de transferencia da AP-9, o deputado do BNG, Luís Bará  propuxo un calendario de tramitación da lei fixando como data para a súa aprobación o primeiro pleno do mes de maio previsto  para o día 9 e   remisión do texto aprobado ao Congreso.

No inicio da reunión da ponencia celebrada hoxe no Parlamento galego, o nacionalista propuxo o días 20 e 21 de abril como data límite para remitir o ditame da ponencia á mesa da Comisión de Ordenación Territorial e a súa publicación no BOPG,   e na Xunta de Portavoces, que se celebrará o día 2 de Maio incluír na Orde do día a designación de defensores da lei de transferencia da AP-9 ante o Congreso das e dos deputados.

O nacionalista propuxo aprobar a tramitación da lei no Parlamento galego o día 9 de maio e posterior  remisión ao Congreso.

Por outra parte, o  venres 28 de abril reunirase, de maneira extraordinaria, a comisión 2 para ditaminar o texto da ponencia no seu proceso de tramitación.

O deputado nacionalista  amosou a súa satisfacción pola dispoñibilidade  de todas as forzas parlamentarias apoiando o calendario proposto polo BNG e asegurou que os últimos atascos producidos recentemente na AP-9, “fan urxente a transferencia desta infraestrutura”, así como a súa xestión dende Galiza. “Canto antes entre no Congreso, antes poderá ser debatida e avanzaremos no  proceso”,concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG