O BNG pide á Xunta que abra expediente á residencia de Pazos de Borbén por presunto maltrato

Montse Prado
Montse Prado
  • Prado leva ao Parlamento as graves irregularidades detectadas durante unha inspección que descubriron o encerro de cinco persoas residentes

O BNG presentou un batería de iniciativas no Parlamento en relación ás graves irregularidades detectadas na residencia da terceira idade no Concello de Pazos de Borbén, detectas durante unha inspección da propia Consellería de Política Social, con atestado da Garda Civil incluído, que foi posteriormente denunciado pola CIG.

A deputada por Pontevedra, Montse Prado, recolle a denuncia sindical na que se advirte do feito de que durante a inspección a dirección da residencia Mi Casa mantivo agochadas durante horas a cinco das persoas maiores, coa clara intención de evitar que a inspección detectase unha sobreocupación de prazas sobre as legalmente permitidas, 58 cando en realidade conta con 63 usuari@s.

“Non é ata que chega a garda civil que a responsable da residencia decide abrir o galpón atopándose os axentes a cinco persoas maiores, e unha auxiliar, que estiveron arredor de catro horas en condicións degradantes, a altas temperaturas, sen auga e sen a súa medicación”, explica Prado na proposición non de lei presentada na Cámara.

“Estamos diante dunha actuación moi grave que constata o risco, tantas veces denunciado polo BNG, de converter a atención ás persoas maiores nun negocio en vez dun servizo público”, alegou a deputada, quen cualificou a actuación de “totalmente condenable” ao que se suma “o clima de terror laboral, con ameazas constantes e incumprimentos nas condicións laborais”, segundo denuncia a CIG.

Prado tamén chama atención sobre o feito de que a residencia Mi Casa é a presidente provincial da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra.

Ante a gravidade dos feitos, o Bloque reclama ao Goberno galego que “extreme os controis e as inspeccións para detectar e impedir a sobreocupación das residencias de maiores, tanto privadas como concertadas” e, ao mesmo tempo, “que se abra expediente á residencia de Pazos de Borbén e que se actúe con toda a contundencia”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG