O BNG pide que o SERGAS cambie as agullas de insulina subministradas por falta de calidade

5807425c814ac-syringe-1271276_960_720
  • A nacionalista lembrou que 38.000 persoas afectadas de diabete teñen dereito a saber se o SERGAS vai cambiar as actuais agullas

A  parlamentario do BNG, Montse  Prado lembrou que tanto doentes como asociacións  de persoas afectadas por diabete reclaman que sexan substituídas as agullas ante diversos problemas  detectados no seu uso ao  provocar “dor e mazaduras”. Só en Santiago, afirmou Prado,  foron presentadas máis de 400 denuncias e SOS Compostela chegou a presentar unha  denuncia nos xulgados de Compostela.

A denuncia presentada por SOS Compostela, explicou a deputada, foi  sobreseida ante o compromiso do SERGAS de cambiar as actuais  agullas pero  catro  meses despois do compromiso, “aínda non foron  substituídas e as persoas afectadas por esta doenza aseguran que seguen  causando  grandes danos”.

O conselleiro de Sanidade respondeu á deputada que a subministración de agullas realizase a través dun concurso público, como marca a lei, e dando cobertura  a 36.000 pacientes facendo posteriormente o  seguimento pertinente. Ante as  poucas incidencias rexistradas, dixo Almuíña,  fíxose o cambio de agullas.

Na réplica, a nacionalista volveu preguntar se van cambiar as agullas porque seguen producíndose denuncias. As demoras son “inxustificables” e ademais o Partido popular, a través do ex-portavoz de sanidade, Miguel Santalices comprometeuse a facer o cambio das agullas polos problemas que estaban a provocar. Polo que  volveu preguntar pola razón para non substituír as agullas como se comprometeron no Xulgado así como a iniciar un novo procedemento tendo en conta a opinión dos doentes. Despois  de catro meses da resolución xudicial, vostede ven aquí a “botar balóns fora”, remarcou a nacionalista.

Montse Prado pediu ao titular de Sanidade que respondera   ás preguntas formuladas porque  38.000 persoas afectadas de diabete  merecen ser  informadas do cambio das agullas.

 Finalmente, a  parlamentaria relacionou a  demora no subministro de agullas co  “criterio economicista” da Consellería de Sanidade polo que reiterou a súa petición de substituír as actuais agullas por outras de  calidade. 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG