O BNG pide manter os postos de traballo e servizos das delegacións da Axencia Tributaria en Galiza

Noa Presas
Noa Presas

Noa Presas alerta “dun desmantelamento encuberto” nas delegacións que obriga ás persoas usuarias a acudir a xestorías privadas

A deputada do BNG, Noa Presas defendeu   hoxe, a través dunha proposición non de lei, instar á Xunta de Galiza a dirixirse ao goberno central para demandar que as administracións en Galiza da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) recuperen os índices de traballadores e traballadoras do ano 2000 garantindo, en igualdade de condicións ao longo do territorio, “a atención ao público para o asesoramento e servizos que presta”.

Presas denunciou que se está a levar a cabo un “desmantelamento encuberto”  das delegacións  da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) no  territorio galego. Para a deputada, os datos son alarmantes ao constar unha media dun recorte do “37% de persoal dende o ano 2000 ao 20017”. Desta forma, dixo,  téñense amortizado prazas de persoal, ao que sumou  unha   praxe dunha aplicación mal entendida da “administración dixital” ou “tele administración”, e unha  insuficiencia na  atención telefónica. 

A estratexia é clara, recalcou a nacionalista,  “empeorar  o servizo   forzando a que as persoas  usuarias  acaben acudindo  a unha xestoría particular”. En Monforte foi suprimida a unidade de IVE e en Betanzos xa non hai unidade de módulos, nin de recadación polo que os contribuíntes deben desprazarse a Coruña, explicou.

Esta situación incide de maneira máis negativa nas poboacións no medio rural e pon en perigo o  tipo de atención dos  servizos públicos. En Santiago  a xestión da inspección derívase a Coruña e chegará o momento no que algunha persoa desta cidade teña que desprazarse até a Coruña. Neste sentido, engadiu que é necesario que a Xunta de Galiza vele polo mantemento e boa calidade dos servizos de atención ao público da AEAT en canto non avancemos nas competencias e funcións da ATRIGA

 A parlamentaria explicou que  Galiza  non está dotada dunha facenda propia, autónoma e con capacidade de xestión sobre todos os impostos e actividades relativas á facenda pública polo que a pesar de existir a  ATRIGA e dos servizos que presta , hai moitas tarefas relativas  á recadación de boa parte dos impostos dos galegos e galegas que se continúa facendo a través da Axencia Estatal da Administración Tributaria.

O  goberno central debe garantir a existencia das súas unidades de forma suficiente e descentralizada ao longo do territorio e a atención presencial ás e aos usuarios pero estamos a ver, recalcou como se camiña “na dirección contraria, cunha axenda oculta de desmantelamento que busca recentralizar o traballo desta Axencia en detrimento das unidades que tiña espalladas ao longo do territorio”. 

É un proceso encuberto de eliminación de postos de traballo con mecanismos que resultan pouco visíbeis neste momento pero  a medio prazo terá repercusións, “nunha maior centralización dos servizos na Coruña e na xestión telefónica e telemática”.

 A portavoz popular, Guadalupe Murillo anunciou o voto en contra á proposta nacionalista que acadou o apoio do resto dos grupos parlamentares.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG