O BNG pide axudas para alimentar o gando pola seca e para os sectores do viño, mel e castaña polas xeadas

Noa Presas
Noa Presas

Critica que conselleira de Medio Rural  non anuncie medidas concretas e se ampare  nas partidas da PAC que deixarán  fora das axudas  a un gran número de afectados

A parlamentaria do BNG, Noa Presas formulou hoxe unha a pregunta ao goberno sobre as medidas que adoptará para paliar os efectos de “situación extrema de seca” que padece o sector primario de Ourense e pediu habilitar unha liña de axudas directas para as persoas afectadas.

Trala resposta da conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez que aludiu ás     medidas aprobadas pola Xunta para abastecer de auga ás explotacións  así como a distribución das partidas da PAC, a nacionalista afirmou que o gando non só se mantén con auga, e a orde de axudas “é insuficiente” para o sector.

Presas criticou que a titular de Medio Rural non anunciara “medidas específicas” para que os gandeiros e gandeiras non se vexan obrigados a sacrificar ou vender cabezas de gando. Dende hai meses, engadiu a nacionalista, púxose de relevo a necesidade de garantir o alimento para o gando porque está moi ben, mellorar as infraestruturas para darlle de beber pero tamén necesita alimento e estamos nunha “situación crítica”.

Sobre as partidas da PAC que este ano, puntualizou Presas,  “non chegan con retraso” non chegan a todos os agricultores polo que preguntou cales foron as negociacións da consellería para mellorar este asunto. As axudas da PAC, reiterou, “deixan fora a moitos sectores e persoas afectadas” e resulta imprescindible que a Xunta “habilite axudas directas para compensar a perda tanto de produción de castaña como de mel”, sectores excluídos das axudas.

A deputada reclamou unha liña de axudas con criterios obxectivos tomando como punto de partida a produción do ano pasado e incluíndo ao sector gandeiro.

Si a Rioja habilitou axudas nesta liña ante unha situación excepcional,  porqué non o fai o Goberno galego?, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG