Parlamento Galego

O BNG leva ao Parlamento a creación dunha comisión para mellorar as condicións laborais no telemarketing

ANAPONTON TRABALLADORAS EXTEL CORUÑA
ANAPONTON TRABALLADORAS EXTEL CORUÑA
  • Pontón traslada ás traballadoras de Extel as medidas para un colectivo de 8.000 persoas que cobran un salario medio de 800 euros/mes e prestan servizo a multinacionais con beneficios millonarios

A portavoz nacional, Ana Pontón, e o deputado pola Coruña Xosé Luís Rivas, trasladaron aos representantes dos e das traballadoras de Extel as medidas que o Bloque defenderá no Parlamento en canto arranque a lexislatura para dar futuro e estabilidade ao sector do telemarketing, que en Galiza da emprego a 8.000 persoas nunhas condicións laborais marcadas pola precariedade e polos baixos salarios.

“Quero lembrar que mentres os traballadores e traballadoras de Extel teñen un salario medio de 800 euros que non lles permite chegar a fin de mes, as empresas ás que prestan servizos son multinacionais con beneficios millonarios. No caso de Extel para Movistar de Telefónica, que obtivo un beneficio neto de 5.787 millóns de euros en 2015”, explicou a deputada.

Para mellorar as condicións laborais deste sector,- “un reflexo máis das consecuencias dunha reforma laboral que conduce ás persoas a salarios de miseria e cunha enorme presión das empresas”-, Pontón presentou unha proposta con tres medidas concretas que levará a debate á Cámara, que explicou no encontro na sede de Extel na Coruña.

Ana Pontón e Mini con traballador@s de ExtelEn primer lugar, creación dunha mesa tripartita entre a Xunta, sindicatos e patronal para abordar a problemática do sector, en particular as condicións laborais dos e das traballadoras. En segundo lugar, negociar un convenio colectivo sectorial galego e, por último, lexislar para que as empresas teñan a obriga de facilitar a atención en galego, o que podería supoñer 2.000 novos empregos.

“E no caso concreto de Extel o idioma tería un valor engadido contra a rapiña empresarial”, salientou Pontón, ante a ameza de destruír 205 empregos dun cadro de persoal de 880 efectivos.

“Hai que darlle futuro ao sector que leva duas décadas desenvolvendose en Galiza pero que non pode estar ao albur nin dos intereses das multinacionais, nin xogando coa vida de 8.000 persoas impoñéndolles unhas condicións de total precariedade en salarios, en acceso á vivenda que fai case imposible desenvolver un proxecto vital”, argumentou.

A deputada nacionalista tamén fixo referencia ao feito de que unha gran parte das persoas que traballan no sector do telemarketing o fan para ás administracións públicas, para a grande banca e para grandes compañías, “polo que teñen un peso moi importante na calidade dos servizos que nos ofrecen aos usuarios”.

Na mellora das condicións laborais, é fundamental tamén facilitar a conciliación laboral e familiar para un sector que presta servizos os 365 días ao ano. “Dar estabilidade e calidade laboral a 8.000 persoas traballan na asistencia telefónica deber ser unha prioridade da Xunta de Galiza na vindeira lexislatura”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG