- O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas critica a improvisación do traslado precipitado de sede ao concello da Estrada do servizo 112 e a estrea dun programa informático insuficientemente testado
O deputado do BNG, Xosé Rivas rexistra diversas iniciativas sobre as consecuencias dos fortes ventos rexistrados o día 19 de abril provocando lumes forestais en Mañón, San Sadurniño e A Capela así como un gran número de caídas de árbores por toda a comarca, contedores, uralitas e mesmo o tellado do CEIP de Valdoviño.
Os diversos desperfectos provocaron ademais a interrupción da vía férrea en Narón sen embargo, os concellos non recibiron ningún tipo de aviso de alerta, a pesar dos medios de predición meteorolóxica cos que contamos.
Para o deputado, o máis grave ten a ver co “colapso das liñas do servizo de Emerxencias 112” e como consecuencia a “indefensión da cidadanía” ante a o que cualifica de “improvisación no traslado da sede a Estrada e as deficiencias no novo programa informático”.
O parlamentario do BNG pedirá explicacións ao goberno ante o caos producido no servizo do 112 por mor das incidencias rexistradas en zonas urbanas, trens e embarcacións coincidindo co “precipitado” traslado do servizo de emerxencias ao concello da Estrada.