BNG e estudantes piden unha Lei Galega de Educación para enviar a LOMCE ao baúl da historia

Compostela
Compostela

Montse Prado e Mini Rivas apoiaron en Santiago de Compostela as mobilizacións convocadas en todo o país polo sindicato de estudantes Erguer

Os deputados do BNG, Xosé Luís Rivas e a Montse Prado participaron hoxe na manifestación do estudantado galego celebrada en Santiago de Compostela para reclamar unha Lei galega de Educación e contra  a LONCE.

Vigo

Para o deputado, “hai ai que derrogar a LOMCE”  tendo en conta, ademais, explicou  que o PP está en minoría no Parlamento español e que PSOE e Podemos tiñan o compromiso electoral de facelo. Rivas cualificou de “engano” a subcomisión no Senado porque   a LOMCE continúa en vigor e aplicándose, “apenas ficaron en suspenso as reválidas”.

 A LOMCE constitúe unha das leis “máis lesivas” que houbo para o sistema educativo galego. “É unha lei desgaleguizadora, mercantilista, moralista e clasista” , como xa  temos denunciado dende o BNG  desde que se coñeceu o borrador.

Pontevedra“Apoiamos a redacción dunha Lei galega de educación, que incluíamos no noso programa electoral, porque o ensino na Galiza precisa ser blindado como dereito universal e servizo público, adaptándose á realidade propia do país, demográfica, orográfica, cultural e sobre todo  lingüística”, recaldou o nacionalista.

Galiza ten transferidas as competencias en materia de ensino e corresponde ao Goberno da Xunta regulalo e desenvolvelo e nese marco Galiza debe contar cunha lei propia, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG