O BNG condena os ataques en Siria

100_1686
  • Os ataques imperialistas e a escalada de violencia no país árabe teñen como resultado destrución e sufrimento da poboación civil

O BNG condena o bombardeo de Estados Unidos sobre un suposto aeródromo militar en Siria, do mesmo xeito que condena o ataque con supostas armas químicas en territorio do país árabe, porque en ambos casos, e coa información dispoñible, o único que queda realmente en claro e que, unha vez máis, a poboación civil é quen sofre as mortíferas consecuencias destes ataques. O balance é destrución, dor e un regueiro de vítimas, entre elas moitos menores.

A resposta imperialista de EEUU só contribúe a xerar máis violencia nunha zona do planeta absolutamente inestable, e fai temer o peor da política exterior que representa a Presidencia de Donald Trump, ao marxe de calquera diálogo nos organismos internacionais.

O BNG defende o dereito de todos os pobos do mundo a vivir en paz e en liberdade, nunha orde internacional xusta e respectuosa, onde a vida das persoas estea por riba dos intereses ningunha potencia.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG