O BNG abre as portas do Parlamento con debates actuais para rachar co “encorsetamento” da Cámara Galega

Luís Bará e  Mini
Luís Bará e Mini
  • A primeira  xornada: “Por unha nova política do Monte” será o inicio de posteriores encontros para abordar temáticas sociais e económicas con propostas e alternativas que o grupo parlamentar do  BNG trasladará ao hemiciclo para o seu debate

tarxeton-parlamento-aberto-bng-monte-rrss(1)Os deputados do BNG, Luís Bará e  Xosé Luís Rivas (Mini) presentaron hoxe a xornada, “Por unha nova política para o monte galego” que o BNG celebrará o sábado día 13 no Parlamento galego aberto a   persoas expertas  no sector e co obxectivo de recoller as demandas e propostas destinadas a poñer en valor o noso monte.

Para o BNG, o Parlamento galego debe abrirse e implicarse coa sociedade e neste sentido os deputados nacionalistas anunciaron  que a longo do período lexislativo celebrarán diversas xornadas de “portas abertas” sobre temáticas sociais e económicas.

O deputado Luís Bará manifestou que a iniciativa do grupo parlamentario do BNG denominada “Parlamento aberto” buscará o contacto con axentes sociais para recoller  as diferentes demandas de diversos sectores e trasladalas despois  á Cámara. O parlamento, dixo, “está moi encorsetado”. Queremos un Parlamento que mire para fora e coñeza o pulso e as preocupacións da xente,  ese é o espírito das xornadas que imos iniciar.

Bará explicou que o sábado día 13 varios expertos e expertas analizarán a situación e   dificultades do monte galego nas súas diversas vertentes. A profesora da Área de economía e política agraria da USC, Mar Pérez Fra abordará a xestión do monte e desenvolvemento rural, o profesor do Centro de formación de Guísamo, Xosé Antonio Meixide avanzará en propostas de ordenación do monte e a  ex-deputada do BNG, Tereixa Paz incidirá na necesaria prevención e extinción de incendios. Por outra parte, a xornada  acollerá unha mesa redonda de experiencias e boas prácticas na que partiparán: Santiago Suárez, membro da mancomunidade de Montes do Barbanza, Xosé Alfredo Pereira de montes en man común de Santa Cristina e Carmen Boente da Comunidade de Montes de Xinzo (Ponteareas) que analizarán  entre outras cuestións, o silvopastoreo, a diversificación produtiva do monte e a experiencia de planta de biomasa na parroquia de Xinzo. Tralas intervencións dos expertos e expertas,  intervirá a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

O deputado Xosé Luís Rivas manifestou que o medio rural é “o grande esquecido e abandonado” na axenda política do goberno a pesar das súas “enormes potencialidades”. En concreto, dixo, dende o BNG  queremos falar do monte e non só no seu aspecto forestal, queremos alternativas ao monocultivo do eucalipto que non é máis que o cultivo dunha “infromadeira”. Ademais defenderemos outras propostas e alternativas ao problema demográfico, o monte como motor económico e sobre todo, presentar experiencias como “alicerces para unha nova visión do mundo rural”.

O Parlamento, engadiu,  que as xornadas organizadas polo BNG deben ser “unha experiencia viva” para debater e buscar propostas reais a temas de actualidade como o abandono do monte ou a aucaliptización  do noso país. Nesta liña denunciou que  nos últimos oito anos a  superficie do eucalipto aumentou en 12.000 hectáreas ano e foi a  costa das terras agrarias.

 

Inscricións no 981551545.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG