Parlamento Galego

Aprobada a iniciativa do BNG que instará ao Goberno central a cambiar a Lei da Tesourería Municipal

Luís Bará en comisión parlamentaria
Luís Bará en comisión parlamentaria
  • O deputado do BNG, Luís Bará defendeu unha proposición non de lei contra a obrigatoriedade de cubrir os postos de tesoureiros/as, interventores/as e secretarios e secretarias con persoal funcionario de habilitación nacional 

O BNG acadou hoxe un acordo por unanimidade na comisión de Administración  para que o Parlamento galego inste ao Goberno central a demandar do Goberno do Estado a eliminación da obrigatoriedade de habilitación nacional para os tesoureiros e tesoureiras dos concellos de 10.000 habitantes e un segundo punto dedicado aos concellos de entre 10.000 e 20.000 habitantes mantendo  a situación previa á entrada en vigor do decreto 2015, en tanto non se acade unha formula consensuada coa Federación española de Municipios e provincias (FEMP) e a Federación Galega de Municipios e provincias  (FEGAMP).

Na súa intervención, o nacionalista aludiu á comunicación sobre a situación xerada pola obrigatoriedade de habilitación nacional para os cargos na tesourería local da que dixo, creou “gran incertidume e inseguridade” polos criterios establecidos máis non, recalcou por ofrecer “unha solución” que debe ser a través do cambio da lexislación actual “prexudicial para os concellos e a cidadanía”. Neste sentido, Bará  valorou o acordo acadado hoxe xa que na súa opinión, “pode recoller unha formula que teña en conta a  realidade galega” ante a FEGAMP e a FEMP

 O deputado  do BNG agradeceu o apoio de todas as forzas parlamentares á iniciativa nacionalista aprobada por unanimidade tras unha transacción.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG