Aprobada a iniciativa do BNG para abrir o dique norte do porto de San Cibrao para uso comercial

Olalla Rodil
Intervención de Olalla Rodil
  • Con esta iniciativa o Goberno central abrirá negociacións con Alcoa para que o uso comercial sexa unha realidade e redunde no beneficio de toda a comarca
  • A proposición non de lei defendida pola deputada do BNG, Olalla Rodil acadou o apoio unánime da comisión de Pesca no Parlamento galego

A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil lembrou que na última comisión de Fomento do ano 2014, o BNG presentaba de novo a mesma  iniciativa destinada a iniciar as negociacións  ante ALCOA para o uso comercial do dique norte e naquel momento, o deputado popular mariñán, Jaime Olano rexeitou a proposta argumentando que a iniciativa carecía de “lóxica económica e social” a pesar do informe elaborado por portos de Galiza.

A parlamentaria asegurou que esta iniciativa foi aprobada, “ata tres veces na Deputación de Lugo a instancias do grupo popular” e hoxe congratúlame que o voto do Partido popular sexa favorable.

A deputada explicou que  o dique norte do  porto  Morás, forma parte das estruturas concedidas en 1998 á transnacional ALCOA trala privatización de Alúmina-Aluminio, empresa estatal. A concesión conta cunha vixencia ata o ano 2022 e na actualidade, o dique norte do porto de Morás  está “en desuso” e  utilizado só como dique de abrigo por ALCOA.

Para a deputada, é preciso poñer en valor o dique norte así como as súas potencialidades polo que debe ser liberado para o seu uso comercial, demanda, dixo, que conta “cun amplo apoio empresarial e comercial”  e non só na comarca. Todas as iniciativas presentadas nesta liña, engadiu foron aprobadas en diversos concellos, na Deputación de Lugo, Congreso dos deputados e Parlamento galego pero a pesar dese apoio unánime. “Os gobernos populares e socialistas non  fixeron ningún movemento para iniciar as negociacións do dique norte de  ALCOA”, hoxe agardamos que a iniciativa que acabamos de aprobar posibilite o uso comercial do dique norte e o BNG velará polo cumprimento do compromiso unánime acadado  na Cámara galega.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG