No encontro celebrado hoxe no Parlamento galego a portavoz do grupo parlamentario e de sanidade do BNG trasladaron ao Presidente da plataforma, Quique Costas, e o Vicepresidente, José Manuel Martín Loureiro, o apoio do BNG en todas aquelas iniciativas destinadas a mellorar a situación dos afectados e afectadas por esta doenza.
Ana Pontón lembrou que na pasada lexislatura, o BNG rexistrou un gran número de iniciativas parlamentares que foron debatidas en comisión e pleno defendidas pola portavoz de sanidade, Montse Prado ademais do apoio en todas as accións reivindicativas nas denuncias dos afectados/as.
Pola súa Montse Prado trasladou, unha vez máis a Plataforma "o compriso de seguir a traballar intensamente para que se cumpra a totalidade do Plan de Abordaxe da Hepatite C.