Ana Pontón : “O Tribunal Constitucional aplica o 155 á normativa de adopción de Galiza“

Tribunal Constitucional
Tribunal Constitucional

Propón unha reunión urxente de todas as forzas políticas que aprobaron a lei hai 10 anos por unanimidade no Parlamento galego e pide a Feijóo que se posicione

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón afirmou hoxe que a  sentenza do Tribunal Constitucional que anula a normativa en materia de adopción en Galiza  é a “particular aplicación do artigo 155 a Galiza e déixanos sen unha competencia exclusiva en  Dereito civil e a posibilidade de dar resposta dende Galiza as mínimas normas de convivencia Civil”.

Pontón cualifico a sentenza de “moi mala noticia” e debe poñernos en alerta dixo, porque  a “recentralización” que dende o BNG levamos tanto tempo denunciando,  acabamos de comprobar que “non é unha ameaza, está entre nós e con consecuencias directas para a vida das persoas”.

Neste caso, engadiu, o Tribunal Constitucional decidiu non aplicar retroactivamente a anulación da lei pero hai que imaxinar que pasaría se decide suspender todas as adopcións acorde a lei aprobada por unanimidade no Parlamento galego dende hai  10 anos.

Pontón asegurou que a sentenza introduce “inseguridade xurídica” que coma sempre acabarán pagando os cidadáns.

GOLPE AO AUTOGOBERNO GALEGO

Neste sentido, a nacionalista manifestou que a  sentenza do TC asesta un duro golpe ao autogoberno galego, e na práctica, significa “a anulación das competencias exclusivas recollidas no Estatuto de Autonomía”. Pontón acusou ao Tribunal Constitucional de ser o “brazo político” do centralismo. Non é un árbitro, recalcou a portavoz do BNG, porque en  todos os conflitos  “acaba dándolle a razón ao Estado e polo tanto,  desmontando o autogoberno que temos”. Por outra parte, explicou a sentenza ven a dicirnos que concibe o dereito civil galego como unha especie de “fósil” que non pode actualizarse nin ir cos tempos e que realmente está para cousas do pasado e non para resolver os problemas das persoas do nos país.

Pontón propuxo unha reunión urxente de todas as forzas políticas que hai dez anos, “aprobamos esta iniciativa” por unanimidade e instou  a Feijóo a “posicionarse”  ante o que cualificou de “enésima labazada” do centralismo a Galiza.  O  Presidente da Xunta non pode permanecer “ausente” sempre que se trata de defender os nosos intereses ante o Estado e ante Madrid, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG