Ana Pontón: “Hoxe toca moverse polas centrais do Xallas como se fixo hai 40 anos por Xove”

C-k1MJ_WsAAhIA9
40 aniversario da marcha anti-nuclear de Xove
  • O BNG conmemora o 40 aniversario da gran marcha que sumou a 8.000 persoas contra a instalación dunha central nuclear nesta localidade da Mariña 

O BNG quixo render homenaxe a todos os homes e mulleres que coa súa loita frearon a instalación dunha central nuclear no Concello de Xove rememorando a gran marcha que fai 40 anos, -o 10 de abril de 1977-, mobilizou a 8.000 persoas que percorreron os 13 quilómetros que separan Viveiro do lugar no que un grupo de empresas eléctricas, entre elas a actual Gas Natural Fenosa, pretendían construír a nuclear.

Para poñer en valor aquela loita social, na que o nacionalismo xogou un papel destacado, o Bloque organizou un acto en Caínzos no concello de Xove coa participación de persoas destacadas na mobilización como Xosefa Domínguez,  veciña do lugar, Francisco Luís Rodríguez Guerreiro, integrante dunha as asociacións culturais que foron claves na batalla contra ás eléctricas, ou o histórico activista agrario Antonio Oca.

A portavoz nacional, Ana Pontón, salientou o “orgullo” de pertencer a unha organización política que ten “unha gran historia” na defensa do interese xeral de Galiza, ao tempo que destacaba a “vixencia” de seguir loitando para evitar o espolio dos recursos naturais deste país, como pretende o Grupo de empresas de Villar Mir, -agora imputado nun caso de corrupción do PP-, coa venda ilegal das centrais eléctricas do Xallas.

WhatsApp Image 2017-04-29 at 13.56.03“O Xove de hoxe chámase Ferroatlántica, a loita contra a nuclear de Xove fai corenta anos é similar á que hoxe libra a Costa da Morte contra a intención de Ferroatlántica de vender ilegalmente as centrais eléctricas do Xallas para facer caixa e tapar débedas do grupo fora de Galiza”, denunciou Pontón, quen tamén dixo que “ante un Feijóo que mira para outro lado, ante un Feijóo que parece empeñado en usar Galiza para pagar favores do PP, a mobilización social volve ser imprescindible para ganar esa loita, hoxe en CEE e Dumbría, como fai 40 anos en Xove”.

O BNG, salientou a dirixente nacionalista, ten claro de que lado está, “do lado do emprego na Costa da Morte, do lado dos intereses dos galegos e das galegas, do lado de que sexa Galiza quen se beneficie dos nosos recursos naturais, dos recursos enerxéticos e non, como se fósemos unha colonia, unha multinacional presidida por un empresario investigado por financiamento ilegal do PP”, subliñou Pontón.

C-k0ntNXUAAZ-lhA portavoz do Bloque pediu a Feijóo “que exerza de presidente dos galegos e das galegas e non de delegado en Galiza das empresas madrileñas que financian o PP”. Igualmente solicitou que “deixe claro que a Xunta non vai aceptar “a chantaxe” de Villar Mir”, garantindo que as centrais do Xallas “nin se segregan, nin se venden” porque son a única garantía de futuro para 300 postos de traballo”. 

No acto celebrado en Xove cun nutrido grupo de persoas, conmemorouse a histórica marcha cunha placa, actuacións musicais e cunha exposición inaugurada na biblioteca pública do concello de Viveiro.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG