Ana Pontón critica o “minitour ministerial” de Feijóo e acúsao de carecer de axenda de país

Ana Pontón e Olalla Rodil
Ana Pontón e Olalla Rodil

Pregunta a Feijóo se lle reclamará a Montoro que deixe de chantaxear ás autonomías ante os Orzamentos, se pedirá a Dolors Montserrat eliminar os recortes e repagos en sanidade e a García Tejerina sobre medidas para o sector conserveiro galego e baixada de prezos no lácteo

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón recriminou a Feijóo ocultar a súa axenda política tentando vender un  “minitour ministerial” en Madrid. A este respecto, preguntou que vai a reclamar? Cal é a axenda con sanidade, facenda e Agricultura?. Reclamará a Montoro que cese a súa “chantaxe” ás autonomías ante os orzamentos, pedirá a titular de sanidade que deixe sen efecto os repagos e os recortes e porá sobre a mesa do Ministerio de Agricultura  os problemas da “brutal baixada de prezos” para o sector lácteo e o sector conserveiro galego?.

Pontón acusou ao presidente galego de carecer de “axenda política de país”, neste sentido, trala xunta de portavoces, a nacionalista  avanzou que a pregunta do BNG na vindeira sesión plenaria porá de manifestou esta ausencia de prioridades políticas do Goberno galego entre as que destacou: poñer freo á emigración e acadar un novo financiamento.

Para a portavoz do BNG, o minitour de Feijóo a Madrid evidencia o seu “fracaso” como presidente, Feijóo, recalcou Pontón, “non é a solución, é o problema” e empéñase “nunha subordinación” que conduce a Galiza á “irrelevancia política”. En Madrid, reiterou, “non nos respectaran se non temos un presidente que defenda os nosos intereses”.

Ana Pontón avanzou que o BNG aposta por unha “axenda política propia” con cinco eixos: unha Facenda pública e máis recursos para Sanidade e Educación, transferir a Galiza a AP-9 e frear a “estafa das peaxes”, modernizar o ferrocarril para conectar as vilas e cidades galegas, finalizar as obras do AVE, acadar un novo marco eléctrico para rebaixar o prezo da luz e poñendo  fin ao espolio dos nosos recursos e finalmente, rexeitar que os e as pensionistas galegos teñan as pensións máis baixas do Estado.

Tras volver a criticar  que o “minitour ministerial” de Feijóo só vale para “satisfacer o seu ego” e buscar unhas fotos e flores, Pontón anunciou que no próximo pleno serán debatidas, á iniciativa do BNG, medidas destinadas a resolver os colapsos nos servizos de Urxencias dos  hospitais galegos así como a  solicitar   posicionamento do Parlamento nesta cuestión. Ademais, o BNG reclamará  “menos recortes e máis recursos para Atención Primaria” e o cumprimento da lei, por parte do Goberno galego, para “salvagardar o patrimonio” do Centro Galego de Bos Aires.   

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG