Galegas 2016

Ana Pontón: "O BNG será insubmiso coa LOMCE e as reválidas, e poremos en marcha un Lei Galega de Educación"

Encontro de ensino
Encontro de ensino
  • A candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón mantivo hoxe un encontro con medio centenar de delegados e delegadas do Ensino e representantes de AMPAS de Galiza  no que trasladou o seu apoio a todo o profesorado por conseguir “un menor impacto” dos recortes do Goberno Feijóo na educación de nenos e nenas

A candidata do BNG, Ana Pontón, tras agradecer o esforzo do profesorado ante os continuos recortes do Goberno Feijóo,  explicou  que a partir do día 25 de setembro teremos a oportunidade de “poñer fin” ao malestar das  políticas  “regresivas”  en materia de educación do Partido popular e  apostou pola “insubmisión ás reválidas” e posta en marcha “dunha lei galega para a educación”. Neste sentido, lembrou que  comunidade educativa galega foi  “ vangarda no Estado español” na loita contra as reválidas e a non aplicación da LOMCE.

Ante medio centenar de delegados e delegadas da CIG-Ensino e representantes de AMPAS de Galiza, a candidata nacionalista afirmou que a LOMCE supón un paso atrás, dende o punto de vista pedagóxico e impide avanzar cara  un “ensino público de oportunidades e non de barreiras”.  o BNG  aposta por poñer en  marcha “a Lei Galega de Educación”, unha lei galega  que blinde o ensino obrigatorio, e a gratuidade así como o progresivo  aumento de recursos ata investir  o 7% do PIB como fan algúns países que apostan realmente pola educación.

ANA PONTON ENCONTRO ENSINO PUBLICO2A candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galiza asegurou que a Lei galega para a Educación que propón o BNG “non subvencionará con fondos públicos  o ensino de centros privados que segregan a nenos e nenas”, queremos, afirmou, “un ensino coeducativo e igualitario” e non subvencionar  a centros que segregan a nenos e nenas, porque esa, afirmou “ é  a base da desigualdade”.

Ana Pontón defendeu no encontro do ensino, celebrado hoxe en Santiago de Compostela,  a capacidade libre de decisión en materia de educación con medidas destinadas sobre as “bolsas de estudos, calendario escolar, programas contra o fracaso escolar e un modelo de ensino vinculado á realidade da sociedade galega consonte ás súas potencialidades e necesidades, a súa lingua, cultura e historia”.

A candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, rematou a súa intervención defendendo “dotar os centros públicos de todo o profesorado preciso, baixar ratios de alumnado por aula no bacharelato e restituír a gratuidade dos libros de texto”

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG