Ana Pontón avanza que o BNG levará ao Parlamento a blindaxe do monte comunal de Porto Cabral

Ana Pontón cos comuneir@s de Porto Cabral
Ana Pontón cos comuneir@s de Porto Cabral

Reúnese cas comuneiras e comuneiros e veciñanza afectada para ratificar o apoio do Bloque para elevar a protección dese ámbito. “O novo PXOM ten que enterrar o proxecto especulativo sobre Porto Cabral”

Aposta polo comercio de proximidade e defende para Vigo unha moratorio de dez anos nas concesións para grandes áreas comerciais

A portavoz nacional, Ana Pontón,  mantivo un encontro con comuneiros e coa veciñanza afectada polo macro proxecto comercial proxectado en Porto Cabral por Eurofund Investments, aos que avanzou que o BNG vai presentar no Parlamento unha proposición non de lei para blindar este monte ante calquera operación especulativa presente ou futura, como primeira das tres propostas concretas que formula sobre este tema.

Ofensiva na Cámara galega, enterrar este proxecto no novo PXOM e unha moratoria de dez anos na concesión de licencias para grandes áreas comerciais.

“Temos claro que o monte comunal de Porto Cabral ten que quedar a salvo da especulación e que non ten ningún sentido a día de hoxe converter este espazo nun macro centro comercial. Estamos do lado dos veciños e das veciñas e dos comuneiros”, salientou Pontón ao anunciar a iniciativa parlamentaria.

Ana Pontón cos comuneir@s de Porto CabralNese mesmo encontro, a dirixente do Bloque explicou a posición da formación nacionalista baixo a premisa de que o planeamento urbanístico debe responder ao interese público. Por iso, indicou que o BNG, ademais da actuación na Cámara galega, formula unha dobre proposta.

Por un lado, que o novo plan xeral de ordenación municipal do Concello de Vigo protexa de xeito “rotundo e inequívoco” o monte comunal e, en segundo lugar, unha moratoria de dez anos na concesión de licencias para grandes áreas comerciais na cidade olívica.

“Trátase de facer unha aposta decidida polo comercio de proximidade porque é o que xera máis vida na cidade, riqueza e postos de traballo, é un debate importante para o futuro de Vigo, é un debate de modelo e desde o BNG pensamos que a prioridade debe ser un comercio local porque é unha aposta segura de futuro”, argumento Pontón.

O BNG defende que o futuro PXOM modifique os usos asignados ao polígono de Liñeiriños desafectando o monte en man común “para que ninguén teña posibilidade de cubrilo de cemento para facer negocio privado”. Igualmente, aposta por un planeamento urbanístico participativo que conte cos axentes sociais no seo do consello sectorial de urbanismo.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG