Ana Pontón acusa a Feijóo de traizoar a Galiza convertido en delegado de Rajoy en Monte Pío

Ana Pontón
Ana Pontón

Ve ao goberno “feliz como unha perdiz” cun teito de gasto que sube 219M€ en lugar de defender un concerto que aportaría 3.500M€ adicionais

A imaxe de Feijóo dándolle a razón ao ministro de Fomento mentres ratificaba o veto á AP9 explica para o
portavoz nacional, Ana Pontón, por que o presidente da Xunta optou por “agocharse” evitando comparecer en pleno extraordinario: para evitar o bochorno de constatar a súa traizón a Galiza.

“Teño máis claro por que se esconde, porque é difícil dar a cara despois do papelón que fixo con Íñigo de la Senra, porque o que fixo onte Feijóo é bochornoso e ten un nome: traizón a Galiza!”, espetou Pontón. Que o presidente da Xunta “se poña no atril do lado do ministro a aplaudir o veto á transferencia da AP-9 só se explica porque non exerce como presidente de Galiza senón como delegado de Rajoy en Monte Pío”, alegou.

A dirixente nacionalista responsabilizou a Feijóo de “romper a unidade” das forzas parlamentarias, e avanzou que o BNG “non vai tirar a toalla” e volverá pedir a súa comparecencia para que explique por que se pon do lado do ministro de Fomento que, ademais, prepara unha suba das peaxes que afectará de cheo aos 20.000 galegos e galegas que usan  diario a AP9.

Fronte ao argumento de que a culpa e de Catalunya, -como se o debate territorial non existira en marzo cando se produciu o segundo acordo unánime da Cámara-, Pontón pregunta  por que vascos e cataláns teñen desde fai décadas o que se lle nega a Galiza, votando por terra el “España se rompe" que agora peregrinamente improvisa Madrid para vetar a transferencia.

A dirixente do Bloque recriminou a traizón de Feijóo aos intereses dos e das galegas durante o debate en pleno do teito de gasto imposto polo Goberno.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG