Comunicado do BNG a respecto do resultado das eleccións catalás do 21 de decembro

Acto final da campaña do referendo. Foto: flickr Assemblea
Acto final da campaña do referendo. Foto: flickr Assemblea
  1. Este resultado, constata unha maioría soberanista clara, reforzada por unha participación histórica que debe obrigar ao goberno español a rectificar e facilitar a única saída posíbel a este conflito: o recoñecemento do carácter plurinacional do estado, é o dereito de autodeterminación das nacións que o conforman para a exercer a súa soberanía e poder decidir libremente o seu futuro.
  2. O BNG sempre defendeu que o acontecía en Cataluña era un conflito político que só se pode resolver pola vía política e nunca pola vía xudicial e policial. Nin as porras, nin a inxusta cadea, nin a aplicación do 155 foron quen de dobregar a vontade maioritaria dun pobo. Pola contra, o resultado do Partido Popular como resuidual séptima forza política no Parlament é mellor reflexo do resultado das súas políticas.
  3. Hoxe en Cataluña, gañou a Democracia e a liberdade. Nese sentido, desde o BNG non só parabenizamos ás forzas soberanistas de Catalunya, senón que parabenizamos ao conxunto do pobo catalán.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG