Rueda nega a supresión dos rexistros da propiedade e o PP rexeita a iniciativa do BNG para mantelos

Noa Presas na comisión de Admon xeral
Noa Presas na comisión de Admon xeral
Rueda nega a supresión dos rexistros da propiedade e o PP rexeita a iniciativa do BNG para mantelos
  • Noa Presas, acusa ao PP de "dobre moral" e afirma que o novo decreto “pode abrir a porta a peches a medio prazo” e avanzou que o BNG estará vixiante para que esta medida non se aplique

A deputada do BNG, Noa Presas defendeu hoxe unha Proposición non de lei instando á Xunta a manter os Rexistros da Propiedade no territorio da provincia de Ourense nas condicións actuais.

Na súa intervención indicou que Ourense perdeu nos últimos 8 anos o 5% da poboación ao que sumou o continuo recorte de servizos  da administración central que repercuten negativamente na  fixación de poboación e o peche dos rexistros da propiedade prexudicará gravemente as persoas dos concellos do rural.

Ante o anunciou do vicepresidente, Alfonso Rueda de dar marcha atrás ao peche dos rexistros da propiedade, a nacionalista amosou o seu escepticismo e lembrou que “o goberno galego non é a primeira vez que incumpre cos seus compromisos” polo que reiterou a súa petición para  non pechar os  servizos en Bande, Celanova, Viana do Bolo e Ribadavia.

Noa Presas tamén manifestou   que o novo decreto “ pode abrir a porta a peches, a medio prazo” e avanzou que o BNG estará vixiante para que  esta medida non se aplique.

Pola súa parte, o portavoz do Partido popular,  Paula Prado indicou  que co  novo decreto non se suprimen rexistros da propiedade, “reagrúpanse os rexistradores” e  anunciou o voto en contra da iniciativa do BNG. A nacionalista replicou  que o Partido popular mantén “unha dobre moral” neste asunto, por unha banda, o vicepresidente anuncia que non serán suprimidos  e o PP no Parlamento, vota  en contra  “dun  acordo  para non aplicar esta medida” como reclamaba a proposición non de lei  do BNG.

A parlamentaria preguntou  que si esta tan claro o Decreto, 195/2017, porqué todos os alcaldes do Partido popular reclaman que non se pechen os rexistros e o  propio presidente da Deputación de Ourense, Xosé Manuel Baltar súmase  a esta petici