GALEGAS 2016

O profesorado galego asina un manifesto apoiando a candidatura de BNG-Nós

Encontro de ensino
Encontro de ensino
O profesorado galego asina un manifesto apoiando a candidatura de BNG-Nós

Un grupo de docentes vén de promover un manifesto de apoio ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) para as eleccións do 25 de setembro, por entender que tanto a práctica política como o programa que presenta o BNG ás eleccións son unha garantía de defensa dun ensino público galego.

Son 505 docentes, mestras/es de educación infantil e de educación primaria, profesorado de secundaria, de formación profesional, de ensinanzas de réxime especial e de universidade. É dicir, profesorado de todos os niveis educativos que teñen en común ser docentes comprometidos co ensino público que sufriu duros  ataques durante a etapa do goberno de Feixoo.

Manifesto e asinantes.